lunes, 29 de mayo de 2017

IV QUEDADA LITERARIA

O alumnado de 4 anos de educación infantil e 4º de primaria, asistiron a IV Quedada Literaria organizada por varios colexios  e coa colaboración da biblioteca de proximidade Xosé Neira Vilas e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

Nela rendimos unha homenaxe a lingua galega, nunha contorna natural e moi emblemática dentro da nosa cidade, O PARQUE DE CASTRELOS.

A rapazada fixo unha lectura individual (por suposto en lingua galega) e logo a compartiu cun neno ou nena do colexio CEIP FRIÁN-TEIS, TAMÉN  intercambiaron marcapáxinas feitos por eles.
O acto rematou cunha actuación do grupo Migallas e cantando todos a Canción "O Libro Máxico " de Migallas.


Resultou unha experiencia moi interesante.


domingo, 28 de mayo de 2017

CONCURSO RUMBO ÁS ILLAS

O día 25 de maio, o alumnado de 4ºA e 6ºB gozaron do seu premio,  unha visita ás illas Cíes en compañia das mestras e dos monitores do parque nacional . Realizaron rutas diferentes , nas que tiñan que pescudar información sobre o parque. Xuntos,  xantamos na praia de Rodas e poidemos gozar deste paraíso que son as Illas Cíes.
Para ver as actividades que levaron a cabo cada grupo preme na súa imaxe.
http://kangurines.blogspot.com.es/2017/05/o-dia-25-de-maio-gozamos-da-ansiada.htmlhttp://medramosaprendendo.blogspot.com.es/2017/05/rumbo-as-illas-cies.html

                                    FOTOS                         

martes, 16 de mayo de 2017

PADRIÑOS LECTORES

Un ano máis fixemos a actividade de padriños lectores.
Neste video podedes ver como compartindo lecturas fanse novos amigos.
 

miércoles, 10 de mayo de 2017

GAÑADORES DOS RELATOS CURTOS


https://issuu.com/kangurines/docs/concurso_rumbo___s_illas
 (Preme na imaxe para ver relatos e fotos-escena)
FELICIDADES A TODA A RAPAZADA !!!

         Como vedes o esforzo paga a pena.


FOTOS - ESCENA





miércoles, 3 de mayo de 2017

ANIMACIÓN LECTORA CON IAGO LÓPEZ

O día 2 de maio, os nenos e nenas de 2º de Primaria, disfrutaron na biblioteca  Castelao dunha sesión de contacontos. Iago López  "Feliz Feroz.O lobiño riquiño"


Cóntalles que a irmá de Lobo Feroz está moi preocupada: o seu fillo non é feroz!!              
Faise amigo de Carapuchiña, comparte unha ensalada cos coellos, ponse a xogar cos  tres porquiños...






Estivemos moi atentos e grazas a Iago descubrimos que o lobiño consegue que a súa
familia deixe de ser feroz para converterse en feliz.

lunes, 1 de mayo de 2017

Visita ao centro de Interpretación das illas Atlánticas

O alumnado de 6º de primaria o día 26 de abril, realizaron unha visita a un lugar especial para todos e todas. Tras un percorrido pola cidade (dende o colexio ata o centro) observado a nosa cidade.

Visitaron o Centro do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas, á nosa chegada fomos acollidos por unhas  monitoras. Despois  dunha breve explicación sobre a temática do centro, formamos grupos e comezamos a nosa aventura polos diferentes arquipélagos que forman parte do parque nacional. Descubrimos a riqueza das illas. Pasámolo Xenial!!!


      
https://goo.gl/photos/Na8cM5YJtxt5bSxt6 
(Preme na imaxe para ver FOTOS das actividades que realizaron dentro)

http://www.parquenacionalillasatlanticas.com/index.php?option=com_content&view=article&id=169&Itemid=605&lang=es
( Preme na guía para máis información)