O alumnado de 5° de Primaria, acompañado das nosas titoras, visitamos a
cidade de Santiago de Compostela. Saimos do colexio cara á Estación de
Guixar. Ali collimos un tren que nos levaría ao noso destino. Para
moitos de nós era a primeira vez que viaxabamos en tren. Ao chegar à
estación de Santiago tomamos algo para recargar forzas.
Dirixímonos
hacia a Catedral, pasando polo edificio do Parlamento Galego, a Plaza
de Galicia e a Alameda. Na Catedral tivemos a sorte de poder ver o
botafumeiro. Fixemos un recorrido por dentro, pero as obras de
restauración non nos deixaron poder vela en todo o seu esplendor.
Despois de mercar algúns recordos, comemos resguardados da choiva
debaixo dos soportais do Concello, contemplando a fermosa Praza do
Obradoiro. Na Alameda compartimos xogos Voltamos a Vigo tamén en tren.
As nosas familias agardábannos. Pasàmolo xenial!
Prema na foto para ver máis imaxes