viernes, 29 de diciembre de 2017

Resumo do primeiro trimestre dos alumnos de 3 anos B

Rematado o primeiro trimestre déixovos un vídeo con algunhas das actividades que realizamos ao longo destes tres meses, desde os nosos primeiros días no cole, onde nos adicamos a poñer a clase ao noso gusto e a coñecer rutinas e normas, ata o noso festival de nadal, que espero que o gozásedes coa mesma ilusión coa que o preparamos. Neste tempo, os nosos pequenos terminaron de cumprir todos os tres anos, celebrando así os aniversarios de Sara Rodriguez (coñecida por todos os seus compañeiros por Sarita, pois sabedes que en clase somos unhas cantas Saras e temos que diferenciarnos), despois estiveron de aniversario Victoria e Sofía e o último cumpre que celebramos foi o de Santiago. Xa estamos impacientes por celebrar os aniversarios do ano que ven, nos cales nos converteremos en mozos de 4 anos e é que a aventura da vida pasa moi rápido. Neste primeiro trimestre aprendemos moitas cousas, as letras, sobre todo a dos nosos nomes e a dos compis e aos poucos aprenderemos a escribilas, realizamos o proxecto do outono e das cores e xa nolo sabemos case todos, traballamos as formas xeométricas, estamos a iniciarnos no conteo e todo iso a través de diferentes técnicas... picar, rasgar, uso de pinceis, manexo do lapis, uso de materiais da natureza... Ademais, este trimestre veu cargado de festas como o Magosto e o Samaín, fomos ao horto para plantar landras para na primavera poder repoboar os nosos bosques que tanto sufriron cos incendios deste outono. Noutra banda, aprendemos a usar a nosa biblioteca do cole e o máis importante, cada vez somos máis autónomos e independentes e entre todos axudámonos moito. Por todo isto, os peques de 3 anos B e a profe Sara deséxanvos FELIZ ANINOVO. Estamos listos para comezar a aventura que nos depararán estes 365 días do 2018 :)

Aproveito a ocasión para convidarvos a visitar o blog dos nenos de 3 anos B, que pouco a pouco vai tomando forma (grazas pola vosa paciencia)
http://omundodosmeninos.blogspot.com.es/2017/12/

viernes, 22 de diciembre de 2017

FESTA DE FIN DE ANO NO POMBAL


 

Como xa ven sendo tradicional, o último día de cole , o alumnado e profesorado de primaria celebran fin de ano. Cada ano é unha festa máis sorprendente , coas badaladas en directo, música disco, fotógrafos profesionais..... e moita ilusión e alegría. Por cada badalada un lacasito ou gusanito.... Que  ricoooo!!!! 
Este ano un toque especial .....  
Ollade o aspecto que tiña o noso patio ás 18,30h da tarde, calquera diría que caeu unha nevada. 

Premede na imaxe  e vos sorprenderedes do que realmente pasou. TATATACHANNNN!!!

https://photos.app.goo.gl/iUtqf0WDMpEZ85cp1




miércoles, 20 de diciembre de 2017

FESTIVAL DAS LUCES

Hoxe o alumando de 1º e 2º de primaria celebraron unha festa típica da Indía, o  DIWALI, a festa dás luces . Que se celebra entre outubro/novembro pero que se semella a noso Nadal polas luces e polos agasallos.
O noso compañeiro ANKUR que é Hindú  explicounos algunhas curiosidades sobre esta festa.
É un festival que dura cinco dias, todas as casa se iluminan con lampadas ou velas. Hai costume de facer agasallos de todo tipo dende doces ata electrodomésticos. Adoitan facer envoltorios moi coloridos.

Durante este festival tamén se reza para a prosperidade no futuro, polo cal os fieis reverencian a Lakshmi, a deusa da fortuna, e a Ganesha, a deidade con cabeza de elefante, que é considerada portadora da sorte. 
ANKUR contounos esta lenda.



jueves, 14 de diciembre de 2017

XORNADAS DE XOGOS POPULARES

O alumnado de 1º,2º,3º e 4º de primaria durante esta quincena de Nadal nas clases de Educación Física participan dás xornadas de xogos populares.
Experimentan cos xogos tradicionais galegos, e gozan  cos  xogos que realizaban seus pais e avós.

https://photos.app.goo.gl/BDJ7hRfVPiaNjIo73
                                              (Preme na imaxe para ver  FOTOS )
Agradecemento a Cándido Mascato e á asociación de xogos populares do Grove por compartir connosco este material didáctico.

CHEGOU O NADAL

Xa estamos nas portas do Nadal e no colexio empezamos coa decoración navideña.

Mirade que bonita está a árbore que entre toda a rapazada montamos na entrada do colexio!


                     Podedes  visitala   !!!



https://photos.app.goo.gl/ZhB67PkkbFUSYvjj2
                              Preme na imaxe para ver  FOTOS

miércoles, 13 de diciembre de 2017

CONCERTO NO AUDITORIO MAR DE VIGO



O xoves vinte tres de novembro o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP O Pombal asistiron a un concerto no Auditorio Mar de Vigo.  Actuaron os gañadores do V Concurso de violín, viola e violonchelo “Cidade de Vigo”, As solistas eran rapazas  con idades comprendidas entre os 11 e os 16 anos procedentes de distintos lugares de Galicia, España e Portugal, foron acompañadas pola Orquestra Sinfónica do Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Impresionante o nivel dos músicos. Aquí vos deixamos unhas fotos.


https://photos.app.goo.gl/9HuiGKwEFRZt4SNE2


                                          ( Preme na imaxe para ver todas as FOTOS)








martes, 12 de diciembre de 2017

Sistema Solar 5ºB

Selene e Marta de 5º B fixeron un traballo estupendo do "SISTEMA SOLAR".