Neste 2º trimestre presentóuselle ao alumnado o material có que poderán xogar nos patios de recreo. Esta é unha iniciativa que xorde da necesidade de potenciar e impulsar diferentes xogos na hora de recreo.
O obxectivo principal é considerar
o patio coma un espazo máis de aprendizaxe, deste xeito todo o alumnado ten
a mesma oportunidade de gozar de todo o patio e de xogar a unha gran variedade de xogos/actividades que sastifagan á diversidade existente.
Por outra banda intentase fomentar no centro educativo os valores, as actitudes e as prácticas que permitan avanzar no respecto á diversidade e a igualdade de oportunidades.
Resulta necesario establecer actividades lúdicas có fin de contribuír á adquisición de habilidades e competencias sociais e persoais que fomenten o desenvolvemento equilibrado social e cívico e garantan a igualdade entre homes e mulleres.

Dende o centro cremos que o xogo debe ser libre
para calquera neno/a, non imposto, aínda que apostamos por ofertar material e ensinarlles a xogar con xogos tradicionais como cancións de
corda ou a mariola, ademais de estar preservando as tradicións tamén estaremos
potenciando a actividade no noso alumnado, tanto dentro e fora do centro, xa
que lles estaremos a dar ferramentas para que eles as apliquen no seu tempo de
lecer.