Concerto no Conservatorio Superior de Música
Se algo caracteriza a Vigo na actualidade é a súa cultura
musical de base:
·
Nove
bandas de música coas súas escolas de música,
·
35
coros e corais polifónicas.
·
Máis
dunha decena de agrupación folclóricas.
·
Dúas
orquestras de música clásica.
·
Un
conservatorio público medio e superior de música con grao en instrumentos da
música tradicional (o único de Galicia),
·
Dous
conservatorios privados,
·
Unha
escola municipal de música
·
Unha
escola municipal de música folk e tradicional (ETRAD)…
Grazas a esta riqueza cultural e o bo facer da
Consellería de Educación o noso alumnado puido asistir neste curso académico a
varios concertos didácticos.
Concerto da ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA FOLK E TRADICIONAL
(E- TRAD)
O venres 12 de abril, o alumnado de 6º de Educación Primaria, asistiu ao concerto didáctico: “Vigo en sons”
interpretado polos mestres da E-TRAD no Auditorio do Concello de Vigo.
Ao longo do concerto desfrutamos coa interpretación de
variadas obras musicais, ademais vimos
vídeos explicativos e imaxes de músicos moi importantes nados ou afincados na
nosa cidade como: Os morenos de
Lavadores, Henrique Otero, Antón Corral, Milladoiro, a Orquestra Folk de Galicia Son de Seu, Anxo Pintos, ...
Foi un pracer escoitar o tamboril, a pandeireta, a voz, o
bombo, a zanfona, arpa, buzuqui, violín, gaita, requinta,...
Participamos con ilusión , escoitando e batendo palmas cando o solicitaban.
Remataron a actuación cantando e tocando a canción: “O gato metido nun saco”, e
o noso alumado tamén a cantou.
Na E-TRAD imparten clases de arpa céltica, acordeón
diatónico, canto popular, corda pulsada, gaita, percusión tradicional,
requinta, violín e zanfona.
Parabéns aos Mestres da ETRAD de Vigo e ao Servizo de Educación do Concello
de Vigo, pola calidade do concerto e por promover a nosa cultura.