O alumnado de 2º de primaria o dia 16 de maio realizou unha saída para visitar as instalacións do MUSEO DE PONTEVEDRA .
Participamos dunha actividade patrocinada pola Deputación de Pontevedra. Coñece o museo
Aproveitamos a nosa visita a Pontevedra para pasear polas suas rúas e merendar na praza de Ferrería , onde poidemos gozar dunha actividade musical.
O alumnado de 6º B tivemos unha charla sobre educación vial que veu
darnos unha responsable da policía local. Coma sempre foi moiu
interesante e serviu para lembrarnos como debemos movernos pola cidade
sendo peóns ou ciclistas.
O alumnado de 5º Primaria fomos a Santiago, alí estivemos no Parlamento de Galicia e no Edificio Administrativo da Xunta en San Caetano.
Para o xantar aproveitamos os soportais do Pazo de Raxoi. O día estaba chuvioso!!!
Visitamos a catedral, magoa que están en obras, pero si que lle demos a aperta ao Apóstolo.
Finalmente paseamos pola Plaza da Quintana e compramos recordos.
Na Alameda esperamos polo autobús que nos trouxo de volta a casa.
O alumnado de 4º de primaria fomos andando dende o cole, ata o río Pugariño seguindo a senda da auga.
Foros 5km ida e outros 5 de Volta.
Foi unha experiencia moi positiva, observamos a paisaxe,vimos a vexetación da nosa contorna ; carballos,castiñeiros,.xestas ....
Tamén elementos etnográficos como fontes,lavadoiros e restos de muíños que atopatrón cando limpiaron o río Pugariño.
Temos que dar as Grazas a Alejandro quen foi quen nos deu a coñecer esta actividade tan educativa e os que nos guiou e ensinou con tanto entusiasmo.