sábado, 21 de diciembre de 2013
sábado, 23 de noviembre de 2013
viernes, 1 de noviembre de 2013
jueves, 18 de julio de 2013
FESTIVAL FIN DE CURSO
Aquí vos deixamos un pequeno agasallo para que lembredes a última actuación do alumnado de Infantil e 1º de primaria neste curso, perdoade pola tardanza.
Esperamos que vos guste!!
Os mestres e mestras dan a súa noraboa aos artistas e agradecemos a vosa participación.
jueves, 20 de junio de 2013
VISITA AO CASTELO DE SOBROSO
O alumnado de 6º de Educación Primaria foi visitar o Castelo de Sobroso, un castelo medieval construído entre os siglos IX e XI, situado no municipio de Mondariz.
En 1117 Doña Urraca foi cercada neste castelo polos partidarios do seu fillo, co que estaba afrontada, pero conseguiu escapar e volver a Santiago de Compostela como se relata na Historia Compostelana.
Foi practicamente destruído en 1467 durante as Guerras Irmandiñas e posteriormente reconstruido no siglo XV por Pedro Madruga.
O Concello de Ponteareas comprouno en 1981 aos seus herdeiros para rematar de restauralo e crear nel un museo histórico e etnográfico da comarca do Condado.
Actualmente é a sede do Centro de Recuperación e Difusión da Cultura Popular do municipio de Ponteareas no que dende o ano 1998 manteñen varias exposicións. Nós tivemos a sorte de ver a titulada "Dos pés á cabeza".
jueves, 13 de junio de 2013
III FEIRA DO LIBRO DE OCASIÓN
O día 31 de maio tivo lugar no noso colexio a III Feira do Libro de Ocasión.
Ao longo da mañá e comezando por Educación Infantil, o alumnado de todo o centro puido mercar os libros que estaban expostos nas distintas mesas (13 en total).
Os prezos dos libros, para poder mercalos, variaban dunhas mesas ás outras (3, 5, 7 e 10 €pombais).
O alumnado ao longo de todo o curso colaborou nas distintas propostas da Biblioteca (eu leo, eu colaboro, eu investigo) e a cambio obtivo €pombais segundo o número de Selos Castelao conseguidos.
O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou vendendo os libros, previamente expurgados, distribuidos por ciclos e selados, aos seus compañeiros.
No ano 2007 celebramos a I Feira e vendéronse 1030 libros, no 2010 na II Feira 1200 e nesta III Feira 906 libros.
Etiquetas:
1º CICLO,
2º CICLO,
3º CICLO,
Biblioteca,
INFANTIL
LINDA Á ESPREITA EN EDUCACIÓN INFANTIL
Os nenos e nenas de Educación Infantil tivemos a sorte de disfrutar do contacontos "Linda á espreita" con Iago López.
Linda é unha vaca diferente ás
demais. Cada mañá, mentres a muxían, a vaca Linda estaba nerviosa e
impaciente de cara ao exterior da granxa. Porque había algo que a Linda lle gusta máis que nada no mundo. O seu maior pracer consistía en metelo un susto ao carteiro e botalo da granxa. Cada día, Linda
escóndese e un sitio distinto e sempre conseguía o seu obxectivo, ata
que o pobre carteiro remataba alporizado e incapaz de seguir co seu
traballo. Non obstante, encontrará alguén preto que o axudará.
Etiquetas:
Biblioteca,
Dinamización Lingüística,
INFANTIL
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


