lunes, 9 de marzo de 2015
VISITOUNOS NO COLE O CAMIÓN "VIGORECICLA"
DESPOIS DE ESCOITAR A EXPLICACIÓN DA MONITORA, XOGAMOS A RECICLAR NOS DIFERENTES COLECTORES E CONCIENCIÁMONOS DA IMPORTANCIA DUNHA BOA RECICLAXE.
sábado, 21 de febrero de 2015
FOTOS DO ENTROIDO
Para todas as familias que non poideron ver nin gozar da festa do entroido e para todo o alumnado que estivo e quere volver e lembrar eses momentos, aquí tedes unha pequena galería de fotos que recollen os disfraces e os momentos de toda a comunidade educativa.
Etiquetas:
1º CICLO,
2º CICLO,
3º CICLO,
ACTIVIDADES,
Dinamización Lingüística,
Entroido,
INFANTIL
FOTOS DO ENTROIDO
Aquí tedes unha pequena mostra do que foi traballo da preparación da festa do entroido en 4º de primaria relacionada co pintor velázquez e o seu cuadro das Meninas.
martes, 3 de febrero de 2015
Xa estamos preparándonos para celebrar o entroido, e como tódolos anos, imos celebralo e prepararemos os nosos disfraces na clase.
Este curso como estamos traballando sobre a arte , o alumnado do 2º ciclo de primaria imos disfrazarnos dun cadro moi interesante e coñecido mundialmente....... AS MENINAS!!! .
Se premes enriba do cadro e atoparedes unha explicación sobre quen aparece no cadro e un vídeo explicativo das Meninas do Museo del
Prado.
Agora mans a obra e:
• Busca información sobre o pintor e a que época pertence.
• Analiza as características que compoñen esta obra: cores,tamaño do
lienzo,técnica , luz, profundidad,,…
• Investiga sobre os personaxes que aparecen no cadro:como se chaman, que fan,...
Etiquetas:
2º CICLO,
Actividades Complementarias,
Entroido
viernes, 30 de enero de 2015
O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria asistimos a actividade didáctico-musical: "Na percura do tesouro"interpretada pola Asociación Folclórica Gaiteiros da Xistra.no teatro García Barbón
Xurxo non cría nas lendas dos mouros. ¡Son cousas de vellas!- pensaba. Pero estaba moi convencido de que aqueles debuxos nas pedras do monte eran as marcas do mapa dun tesouro. Moura, a gardiá da cova, axudáralle a liberarse da gran e malvada Serpe dándolle as claves e as pistas das probas que Xurxo debería superar NA PERCURA DO TESOURO.
Lendas, romances, zanfonas, alalás, cantigas, refráns, seres mitolóxicos,... conforman as sendas que levan a descubrir o auténtico tesouro colectivo; un tesouro que só ten valía se é compartido e respectado: a lingua.
A obra musical estivo moi divertida e amena,foi un musical coma os de Broadway !!!!
aqui tedes unha pequena mostra.
Teatro: "Na percura do tesouro". from Ceip o Pombal on Vimeo.
Etiquetas:
2º CICLO,
Actividades Complementarias,
Dinamización Lingüística
jueves, 29 de enero de 2015
30 de Xaneiro día da PAZ
O 30 de xaneiro celebramos o día da Paz.
Durante toda a semana realizamos actividades entorno a Paz e a NON violencia.
- Construimos entre todo o alumnado do cole o cuadro do Guernica de Picasso máis ...... dándolle un toque de cor! .
Mirade que colorido está agora
- Coa mestra Teresa aprendemos a canción Xira
Dalle co rato enriba da Pomba de Picasso e escoita a canción de Xira
Aqui tedes a letra da canción:
Xira
, xira que te xira,
arredor
do mundo, xirareiiiii.
Xira
, xira que te xira,
arredor
do mundo, cantareiiiiii
arredor
do mundo, xirareiiiii
Coas
mans collidas,
formando
unha gran roda,
que
o mundo poderá abrazar,
sendo
bos amigos,
sempre
moi unidos,
xuntos
poderémolo coidar.
Retrouso
Nos vales e nos ríos,
nos vales e nos montes,
a nosa axuda serviráááá
para ter aire puro
un mundo máis seguro
xuntos
poderémolo acadar, aar, aar
Retrouso
(bis)
.
CELEBRAMOS A PAZ NO POMBAL from Ceip o Pombal on Vimeo.
Etiquetas:
1º CICLO,
2º CICLO,
2ºCICLO,
3º CICLO,
Dinamización Lingüística,
festa da paz
martes, 20 de enero de 2015
PROXECTO SOBRE LAVADORES
Neste trimestre o noso alumnado,xunto co profesorado e as familias iniciamos un traballo de investigación para coñecer mellor o barrio onde vivimos.
o alumnado de 4º de primaria buscou información sobre:
- O río Lagares que baña a nosa cidade: onde nace,por onde pasa,que recorrido ten....
- Os muíños: como funcionan,como se chaman as súas partes,temos algún na zona?
- Os lavadoiros, fontes,.... é dicir ,todo aquilo que guarda relación coa auga.
Foi un traballo moi interesante,toda a rapazada e as mestras aprendemos moito!!
Descubrimos que :
- Moi preto do colexio,na parroquia de Cabral ,Candeán e Lavadores,existen muíños que aínda funcionan e outros en desuso.
- Tamén a cantidade de fontes e lavadoiros que hai espallados por toda o zona.
Aquí podedes ver o moito que traballamos no colexio buscando información.
No mes de decembro fixemos unha saída para ver "in situ" todo o que aprendemos, e a verdade é que resultou fenomenal!.Toda a rapazada ía moi motivada, e grazas a colaboración de Manuel Costas ( Secretario da Comunidade de Montes de Santa Mariña de Cabral) que foi un guía estupendo e acompañándonos durante todo o camiño os nenos e nenas poideron agarimarse con tódalaó experiencias novas
Tamén queremos agradecer aos veciños donos do muíño de Parada,Don Daniel e Dionisio a súa dedicación por poñer a moer o muíño e atender a tódalas preguntas dos nenos e nenas.
Aquí déixovos o que escribiu Ana Benavides sobre o vivido na saída.
3 VISITA AO MUIÑO - Kizoa Movie Maker
Aquí déixovos o que escribiu Ana Benavides sobre o vivido na saída.
Grazas Ana ,eres unha gran redactora !!!
Excursión á Lagoa Mol
Ola son Ana
Benavides Viñas, unha nena de 4º de primaria, estudo no colexio Pombal e fixen
unha redacción arredor dunha saída que fixemos á Lagoa Mol.
O primeiro que
fomos visitar foi o bosque en Cabral, vimos un cruceiro de 1962, tamén vimos un
hórreo, un cartel, unha lagoa XXL, un camiño,amieiros,salgueiros, plantas invasoras, parrulos, un campo de golf, ...
Despois fomos
visitar o muíño de auga, alí explicounos o sr. Costas como se moe.
Primeiro cae
a auga con forza por unha pendente e entra no muíño facendo xirar a moa. Logo botamos os grans de millo pola moega e baixan ata a tarabela que deixa pasar os
grans dun en un. Cando os grans caen na moa, a moa esmágaos e convérteos en
fariña.
Posdata: tamén nos deron fariña.
Ademais visitamos
un peto de ánimas, un home falounos de que se podía ir alí para rezar polas
persoas que morreron.
Máis tarde,
fomos merendar a un parque que había en Candeán.
Por último,
visitamos un dolmen que era onde enterraban os mortos antigamente,
ata encontramos un anaco de pel cosida moi antiga!!!.
Ademais, vimos
dous canastros onde gardaban o millo: un moi antigo, e outro moi novo.
Explicáronnos que a cruz que levan enriba é para que protexa o millo e o pico
para defender o millo como se fose unha espada.
En canto ós pés do canastro, contáronnos que teñen unha pedra circular
enriba de cada pé, que se chama tornarratos, que é para que non poidan subir os
ratos a comer o millo
3 VISITA AO MUIÑO - Kizoa Movie Maker
Etiquetas:
2º CICLO,
3º CICLO,
Dinamización Lingüística,
PROXECTO LAVADORES
domingo, 18 de enero de 2015
CELEBRAMOS O NADAL EN PRIMARIA
O alumnado do 1º e 2º ciclo de primaria celebraron o Nadal cantando panxoliñas e tomando OS 12 Lacasitos para iniciar cun sabor doce o ano 2015.Juan Pedro foi o encargado de dar as campanadas.!!!
aquí van as CAMPANAS!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





