miércoles, 2 de noviembre de 2016

FESTA DO SAMAÍN 2016

Chegando estes días de Samaín/Halloween, o alumando do Pombal  baleiramos cabazas para facer unha exposición nas diferentes entradas. Decoramos con caveiras, morcegos, pantasmas.... E os maiores andivemos polas aulas cantando e recitando adiviñas...

 
Tamén degustamos merendas terroríficas

lunes, 24 de octubre de 2016

OBRADOIRO: " AÍNDA NADA"

Hoxe, os rapaces e rapazas de 1º e 2º,  tivemos no cole un obradoiro organizado polo CSIC. O tema eran os legumes, por ser o ano 2016 o Ano Internacional dos Legumes.
Aprendemos a través de xogos a recoñecer as diferentes variedades  de lentellas , fabas, garavanzos...Algunhas non as coñecíamos!
Tamén nos contaron un conto "Aínda nada?" que nos explicaba o proceso de xerminación dunha planta. Quedounos claro que na vida hai que ter moita paciencia para todo.
 E por último deixáronnos sementes para plantar nas clases.   
. Resultado de imaxes para gif animados plantas

lunes, 12 de septiembre de 2016

BENVIDOS


 Hoxe comezamos un novo curso!! O alumnado do Ceip O Pombal estamos dispostos a compartir xogos, alegrías, inquedanzas, ilusións e moitas aprendizaxes.

 O equipo de mestres e mestras do centro desexámovos un agradable e satisfactorio curso e poñémonos á vosa disposición para que así sexa.

Aínda que de momento estamos adaptándonos e organizándonos, pregamos ás familias que os alumnos/as vaian traendo o material aos poucos nun breve prazo de tempo para poder comezar as clases con normalidade, así como que estean atentas ás circulares que iremos enviando con información.
Ánimo a todos e a aprender moito!
O CLAUSTRO DO CEIP O POMBAL

jueves, 30 de junio de 2016

Thanks, Abby!

Thank you Abby for all your work, patience and smiles! It's been a pleasure working with you.


martes, 28 de junio de 2016

CELEBRACIÓN DÍA EUROPEO DA MÚSICA

Os días 20 e 21 de xuño celebramos o Día Europeo da Música no noso colexio.

Os alumnos de 6º de Educación Primaria interpretaron varias obras para os alumnos e profesores de Educación Infantil e Primaria. Así, 6ºA interpretou coa voz un "POPURRI MARIÑEIRO"  e  "A PITA PODEIRA" mentres que os de 6ºB tocaron coa frauta doce: "O AMENCER" de Grieg, "ESPARABÁN DO INCIO" e "O ANDAR MIUDIÑO".
Os alumnos de 3ºB motiváronse e interpretaron “DOUS PASOS DE VILACOVA”, unha das cantigas que aprenderon coa súa titora este ano.
Para lembrar estas actuacións aquí un vídeo cantándolles aos compañeiros/as de Infantil e outro cos de Primaria. Grazas, alumnos/as de 6º e profe Tere!




martes, 14 de junio de 2016

INTERTEATRO

Neste tercer trimestre recibimos a visita do  grupo teatral  do CEIP Ría de Vigo de 3º de primaria, coa obra titulada "Chorando".
O alumnado de 3º,4º,5º e 6º  do noso centro gozou moito coa súa interpretación.

Parabéns as mestras e mestres pola iniciativa e tamén a todo o alumnado que participa nesta actividade tan interesante.




miércoles, 25 de mayo de 2016

III QUEDADA LITERARIA



O luns 23 de maio foi o día elexido para celebrar a III Quedada Literaria no Parque de Castrelos. Este ano participaron 10 colexios e institutos: O Pombal, Frián-Teis, Eduardo Pondal, Doblada, Fleming, Chouzo, Carrasqueira, Ría de Vigo, Ribeira (Porriño) e o IES de República Oriental do Uruguai. No noso caso, fomos co alumnado de 4º de Primaria e cos de 5º de Infantil (4 anos).

A experiencia foi, como sempre, moi enriquecedora: lectura individual silenciosa,
lectura compartida con alumnado doutros colexios, intercambio de marcapáxinas, xogos e, para rematar, unha sesión de contacontos nos xardíns do Pazo de Castrelos.

Grazas a todos os que axudaron a que esta actividade fose posible: Normalización Lingüística do Concello de Vigo (e a Marta Souto, en especial), a Anxo Alberte, Director da Biblioteca Xosé Neira Vilas, e, por suposto, ao profesorado e alumnado participantes.

Foi un día precioso para combinar dúas experiencias: a lectura e o contacto coa natureza que fan delas una fórmula perfecta. 


Para mostra, o vídeo do evento!


LETRAS GALEGAS 2016




Este curso dedicouse o día das Letras Galegas a Manuel María Fernández Teixeiro que foi membro da Real Academia Galega Galega polo seu labor en prol da nosa lingua e cultura.
            Naceu o 6 de outubro de 1929 en Outeiro de Rei, na provincia de Lugo. Era fillo de Antonio e Pastora, dous labregos. O pai chegou a ser alcalde da súa localidade.

Estudou bacharelato en Lugo e nesta cidade empezou a súa carreira literaria. Comezou os estudos de Dereito na Universidade de Santiago aínda que os abandonou ao pouco tempo.
O seu primeiro libro de poemas publicouno cando tiña 21 anos e levaba por título «Muiñeiro de brétemas». Traballou durante moitos anos na vila lucense de Monforte de Lemos como procurador ao tempo que daba clases nunha academia, escribía libros, colaboraba nunha emisora de radio, participaba en política e mantiña aberta, xunto coa súa muller Saleta, a libraría Xistral.
Manuel María foi un gran defensor da cultura galega é un dos autores que ten máis libros publicados  no noso idioma.


Deixámosvos  un pequeno video onde se recolle o traballo realizado ao longo destes días por todos os nenos e nenas do Pombal :


·         Na decoración do colexio: mapa de Galicia, poemas, debuxos do seu retratos.

·         Cunha caixa de cartón fixeron unha silueta para retratarse coa figura de Manuel María.

·         Arco da vella co seu poema “ Arco da vella”.

·         Traballos nas aulas entorno a súa vida e obras.

·         Festival das Letras Galegas coa actuación :

_Obra de teatro “XPS DERRADEIRA XERACIÓN”: Marta de 3º, Eric, Elisa, Lynette e Xhomara de 4º. Nuria  e Montserrat, David , Naiara, Ana,Uxía e Inés de 5º, Rosalía,  Candela, María e Area  de 6º.

_ Recital de poesías polo alumnado.

_ Actuación do grupo folclórico: cos mestres: Angélica,Teresa e Aitor e os alumnos Naiara, Xaime, Antón, Israel.




Neste vídeo podemos ver unha mostra de todo o traballo realizado.