O alumnado de 6º de primaria participou dun obradoiro sobre seguridade
vial , resultou do seu agrado pola proposta innovadora de desprazarse
en bicicleta para evitar o cambio climático.
Tras unha chuvia de ideas sobre os pros e contras de ir en bici, o
alumando chegou á conclusión que debemos facer algo para protexer o noso
planeta.
"CAMIÑA CON NÓS
POLA IGUALDADE” é un proxecto que se enmarca no IV Plan Integral de
Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes . Este programa educativo elaborado e
implementado dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo,
vai dirixido ao alumnado de Educación Infantil e 2º,4º e 6º de Primaria.
A finalidade do programa é fomentar a educación na cultura de igualdade
de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para
promover a coeducación e previr a violencia de xénero.
O alumnado de 6º de primaria disfrutou dun concerto no auditorio do concello de Vigo interpretado
polo profesorado da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional,co obxectivo de sensibilizar ao alumnado ante
o proceso de mestizaxe musical, valorar a riqueza das diferenzas culturais,
recoñecer as similitudes entre a nosa música e as músicas migradas e adquirir
un coñecemento básico sobre cada un dos instrumentos que se poden estudar na
Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (ETRAD).
Desfrutamos e
participamos cantando: A saia de Carolina, A Rianxeira, A Pita Podeira
Escoitamos en directo e recoñecemos moitos dos instrumentos tradicionais:
zanfona, arpa celta, violín, acordeón, bouzoqui, contrabaixo, tamboril,..
A mín encantoume e por iso o quero compartir con vos. Atopei unha páxina en Pinterest moi interesante sobre a coeducación e gustaríame compartila con todo o alumnado e as súas familias. Se premas enriba teredes información sobre contos non sexistas,videos e actividades link Animádevos a investigar!
O 30 de xaneiro celebramos no colexio o día da Paz e non violencia escolar. O alumnado, nas aulas ,realizou varias actividades relacionadas coa Paz, tamén foi o día das apertas ;colocaron as pancartas co lema da paz polas ventás do colexio e para rematar cantaron todos xuntos a canción de Bob Dylan " The answer is blowing in the wind".