lunes, 27 de marzo de 2017

HISTORIA DO VIOLÍN TROMPETA.

Dentro da programación para Escolares Afundación, chega a vigo a marabillosa historia do violín trompeta, de Fetén Fetén. Un percorrido por diferentes culturas, ritmos, timbres e sonoridades da música popular europea do s. XX para 5º e 6º de Primaria.
O alumnado do Pombal participou dunha viaxe a través dos diferentes ritmos e melodías da música de baile do noso país. Con imaxinación e creatividade converteremos ao violín nunha gaivota ou unha vaca! e escoitaremos a brisa mariña desde o fol do acordeón. Poderemos deixarnos levar polo misterioso e doce son do serrucho mentres escoitamos o Ave María de Schubert, ou violín trompeta rumorea un foxtrot ou un vals melancólico.
Disfrutamos inmensamente con esta actividade, favoreceu a participación e convidounos ao desenvolvemento da creatividade e imaxinación. BRAVOOOO!!!

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d103566607k5861845o1l1/a-marabillosa-historia-do-violn-trompeta
                                           ( Preme na imaxe para ver as fotos da actuación)



viernes, 24 de marzo de 2017

SEMANA DA POESÍA

O martes 21 de marzo celebramos o día mundial da Poesía, por iso esta semana  imos  ler e escribir poesía.

Todos os días na entrada do colexio hai cestas con diferentes poesías en galego,castelán e inglés que leremos e utilizaremos para buscar diferntes recursos literarios.

Hoxe o alumnado colaborador da Biblioteca dedicou a hora de ler a recitar poemas en todas as clases do noso centro.

Estade atentos/as moi pronto teremos as fotos e os nosos poemas

lunes, 20 de marzo de 2017

Charlas medio- ambiente






"O MONTE VIVO"


UN PROGRAMA DE DIVULGACIÓN EDUCATIVA PARA A VALORIZACIÓN DO MONTE E A PREVENCIÓN E DEFENSA DOS INCENDIOS FORESTAIS


O alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria asistiu a unhas charlas impartidas por persoal especializado, co fin de impulsar unha participación activa e responsable dos escolares na protección do medio ambiente natural fronte aos incendios forestais e darlles a coñecer a importancia da función produtiva, ambiental e social do monte, fomentando así o seu respecto pola natureza.





miércoles, 15 de marzo de 2017

SEMANA DA PRENSA

Durante a semana da prensa, nas aulas do Pombal, deixamos os libros e conquistamos os xornais.


  Pescudamos sobre a súa estructura, analizamos a cabeceira, o contido ,o  tipo de noticia, facemonos preguntas, buscamos clases de palabras  ....

                             
Esta semana tivemos o noso quiosco  de compra e venda de Faro de Vigo.


https://photos.google.com/album/AF1QipMiVGZf5rY2Uf-n0OSn4J71QNfci6MB0aCM6MRU 

lunes, 13 de marzo de 2017

Seguridad Vidal

O alumnado de 6º de primaria  participou dun obradoiro sobre seguridade vial , resultou  do seu agrado pola proposta innovadora de desprazarse en bicicleta para evitar o cambio climático.
Tras unha chuvia de ideas sobre os pros e contras de ir en bici, o alumando chegou á conclusión que debemos facer algo para protexer o noso planeta.


Obradoiro de Igualdade de xénero

"CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE” é un proxecto que se enmarca no IV Plan Integral de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes .
Este  programa educativo elaborado e implementado dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, vai dirixido ao alumnado de Educación Infantil e 2º,4º e 6º de Primaria.
A finalidade do programa é fomentar a educación na cultura de igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero. 



https://photos.google.com/album/AF1QipPqv_lFOOxvsq5J61HmwCBgzz66X6BW6bJa0-LY

Concerto didáctico “MIGRASóNS”

O alumnado de 6º de primaria disfrutou dun concerto no auditorio do concello de Vigo interpretado polo profesorado da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional,  co obxectivo de sensibilizar ao alumnado ante o proceso de mestizaxe musical, valorar a riqueza das diferenzas culturais, recoñecer as similitudes entre a nosa música e as músicas migradas e adquirir un coñecemento básico sobre cada un dos instrumentos que se poden estudar na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional  (ETRAD).
            Desfrutamos e participamos cantando: A saia de Carolina,  A Rianxeira, A Pita Podeira
Escoitamos en directo e recoñecemos moitos dos instrumentos tradicionais: zanfona, arpa celta, violín, acordeón, bouzoqui, contrabaixo, tamboril,..

martes, 7 de marzo de 2017

8 de Marzo día da muller traballadora



Que vos parece este cartel tan orixinal!!!

A mín  encantoume e por iso o quero compartir con  vos.

Atopei unha páxina en Pinterest moi interesante sobre a coeducación e gustaríame compartila con todo o alumnado  e as súas familias.

Se premas enriba teredes información sobre contos non sexistas,videos  e actividades link
               Animádevos a investigar!