sábado, 18 de mayo de 2019

O Maio

A primeira semana de maio, celebramos no cole a festa dos maios coa que se dá a benvida ao renacemento da natureza despois dun longo sono invernal.

Todos os nenos e nenas do centro contribúen á construción do maio vestindo con fiuncho, flores, xestas ... colocandoas nunha forma cónica.

Este ano  compartimos a experiencia co alumnado de 1º de ESO do IES Castelao que elaboraron unha curiosas coplas.





 

jueves, 25 de abril de 2019

Riqueza musical de Vigo



 Concerto no Conservatorio Superior de Música



Se algo caracteriza a Vigo na actualidade é a súa cultura musical de base:

·         Nove bandas de música coas súas escolas de música,
·         35 coros e corais polifónicas.
·         Máis dunha decena de agrupación folclóricas.
·         Dúas orquestras de música clásica.
·         Un conservatorio público medio e superior de música con grao en instrumentos da música tradicional (o único de Galicia),
·         Dous conservatorios privados,
·         Unha escola municipal de música
·         Unha escola municipal de música folk e tradicional (ETRAD)…

Grazas a esta riqueza cultural e o bo facer da Consellería de Educación o noso alumnado puido asistir neste curso académico a varios concertos didácticos.
 






  
Concerto da ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA  FOLK E TRADICIONAL
(E- TRAD)


O venres 12 de abril, o alumnado de 6º de Educación Primaria, asistiu ao concerto didáctico: “Vigo en sons” interpretado polos mestres da E-TRAD no Auditorio do Concello de Vigo.
Ao longo  do concerto desfrutamos coa interpretación de variadas obras musicais, ademais  vimos vídeos explicativos e imaxes de músicos moi importantes nados ou afincados na nosa cidade como: Os morenos de Lavadores, Henrique Otero, Antón Corral, Milladoiro, a Orquestra Folk de Galicia Son de Seu, Anxo Pintos, ...
Foi un pracer escoitar o tamboril, a pandeireta, a voz, o bombo, a zanfona, arpa, buzuqui, violín, gaita, requinta,...
Participamos con ilusión , escoitando e batendo palmas cando o solicitaban. Remataron a actuación cantando e tocando a canción: “O gato metido nun saco”,  e o noso alumado tamén a cantou.















Na E-TRAD imparten clases de arpa céltica, acordeón diatónico, canto popular, corda pulsada, gaita, percusión tradicional, requinta, violín e zanfona.
Parabéns aos Mestres da ETRAD de Vigo e ao Servizo de Educación do Concello de Vigo, pola calidade do concerto e por promover a nosa cultura.






miércoles, 27 de marzo de 2019

A Reconquistiña 2019

Un ano máis o  alumnado de 4º de primaria reconquista VIGO, como xa ven sendo habitual no mes de marzo , os nenos e nenas de 4º de primaria, xunto coas súas mestras, andan ben atarefados preparando todo para participar desta importante festa da nosa cidade.

Nesta ocasión houbo que renovar os tamboriles e con antelación se fixo un obradoiro en colaboración coas familias .


Todo estaba listo para o obradoiro musical impartido polo grupo de música tradicional colaborador coa asociación do Casco Vello e o Concello de Vigo.


.

Preparamos tamén a pancarta que nos identifica posto que cada ano participamos máis centros educativos desta cidade.


E chegou o día ... !!  Todos e todas vestidos de época!! De franceses, vigueses e viguesas!!! a desfilar polas rúas"acompañados por gaiteiros, percusionistas, tocando os tambores. 


Agradecemos ás familias a súa colaboración acompañando ao alumnado nesta actividade .
Un agradecemento especial, ao grupo musical que nos amenizou tocando a gaita e as pandeiretas.




Aquí está a foto de grupo con ...!!



Foi un día fantástico, pasámolo xenial !!

lunes, 25 de marzo de 2019

Obradoiro de primeiros auxilios

O alumnado de 2º de primaria o mércores día 20 de marzo participou nun obradoiro organizado por Elisa Ausín ( médico de urxencia extrahospitalaria en Vigo ).

A primeira parte do obradoiro  foi unha charla sobre como actuar en momentos de emerxencia, a persona encargada desta presentación foi Jorge ( MIR de 3º ano) motivou ao alumnado con  diversos vídeos e imaxes moi significativas , ademaís de facelos parte implicada.

A segunda parte do obradoiro realizouse no gimnasio do centro, onde intervir tamén Pilar
( enfermeira de urxencia), Ana (Enfermeira ) e Claudia ( EIR de 1º ano) ali formáronse 4 grupos e os especialistas sanitarios explicaron,  como realizar e practicar a reanimación a unha persoa inconsciente, (neste caso eran monecos).




Agradounos moito a actividade e queremos agradecer a Elisa Ausín e ao fantástico equipo que nos acompañou, na xornada , a súa implicación,  atención e paciencia para ensinarnos como actuar neses casos de emerxencia. 



Este é un pequeno guión que nos elaborou Nicolás con a súa nai Elisa Ausín. Grazas por colaborar connosco nesta actividade.


domingo, 17 de marzo de 2019

Semana da Prensa

O alumnado de E.Infantil e E. Primaria a semana pasada realizarou actividades relacionadas coa prensa. No Pombal tivemos a ocasión de mercar o xornal para poder trabajar con el . Algunhas dás actividades estaban encamiñadas  ao desenvolvemnto do sentido crítico coas noticias que atopamos nos xornais informativos.
Analizamos a portada e contraportada, organización e estructura dun xornal, pé de fotografía, noticias sobre o cuidado do medio ambiente, e o que é máis importante que a noticia responda ás cinco preguntas esencias; Que pasou, onde, cando, como e  a quen lle pasou ?



Axiña teremos as fotos de todos os grupos. Estade atentos/as.



viernes, 15 de marzo de 2019

ENTROIDO 2019

Que ben o pasamos!! O dia 1 de marzo realizamos o nos desfile de Entroido pola peonil do calvario. Aquí vos deixamos unha pequena mostra da nosa participación , dos diferentes disfraces e da alegría que tiñamos todos.

miércoles, 13 de marzo de 2019

2ª Carreira Solidaria

O alumnando do Pombal un ano máis participa na carreira solidaria para axudar á ONG  "Save the Children"

sábado, 9 de marzo de 2019

RECICLANDO

O alumnado de 2º, 3º e 4º realizaron un obradoiro sobre reciclaxe, actividade  proposta polo  concello de Vigo.


Demostramos o moi comprometidos que estamos no Pombal co coidado do medio ambiente. Dende a escola levamos a cabo actividades que favorecen e incitan a reciclar, reutilizar e reducir.