martes, 12 de noviembre de 2019

MAGOSTO 2019


 A FESTA DO MAGOSTO resultou  animada e superlúdica.  Durante a  semana comezaron  os preparativos,   elaborando as nosas creativas caixas de aula e cestiños  para as castañas. Aprendemos unha canción para este día.



 Novamente contamos con xogos que tan amablemente nos presta a asociación de xogos tradicionais e o concello do Grove. E este ano tamén estreamos os nosos propios xogos. 



 O pavillón do centro foi o campo de xogos para o alumnado de 3º,4ºe 5º, a zona de paso, foi o lugar de xogos para o alumando de 1º,2º e 3º, debido ao mal tempo tivemos que utilizar o gimnasio e os porches do colexio.




  O alumnado de E.Infantil gozou da xornada de xogos na súa zona. Elaboraron uns fantásticos cestiños para as súas castañas.



 O alumnado de 6º participou como colaboradores ,asesorando e axudando aos mais pequenos. Todos/as gozaron pasando polos  postos con propostas inxeniosas e que "molaban" moito.


 Para finalizar, chegou a papatoria das riquísimas castañas asadas que nos preparou o castañeiro que adoita estar polo barrio do Calvario.
 


PASÁMOLO  XENIAL!!


https://photos.google.com/album/AF1QipOIsVOJsmEk5A8abQ5hgkma7CGTygJ91YgyAYpa

                                          



jueves, 7 de noviembre de 2019

VISITA AO CONCELLO DE VIGO

O pasado 5 de novembro o alumnado de 6º de Educación Primaria visitamos o Concello da nosa cidade.
Recibíronnos na Lonxa os nosos guías que nos foron amosando as distintas dependencias.
Alí aprendemos cómo funciona  a Sala de Prensa. Tamén coñecemos  a sala de Control de Tráfico chea de pantallas enormes. No laboratorio puidemos ver cómo se analiza a auga e incluso participamos co alcalde no Salón de Plenos dunha pequena rolda de preguntas. Sentímonos como concelleiros por un día.
En definitiva, unha mañá chea de cousas interesantes. Unha boa experiencia.





martes, 8 de octubre de 2019

O NOSO ANIVERSARIO




Achégase o día en que celebraremos o noso aniversario. 
                           Xa temos 70 anos!!!
Imaxinade a cantidade de nenos e nenas que pasaron polas nosas aulas...
Dende o Pombal queremos conmemorar de maneira moi especial, este importante acontecemento o día 22 de novembro.

 Estade atentos/as, irémosvos informando.



martes, 10 de septiembre de 2019

CURSO 2019-20



BENVIDOS E BENVIDAS, ao cole este lugar máxico de  novedades, desafíos, xogos.... Achégase  un curso  cheo de alegrías, descubrementos, ilusións .... Xuntos lograremos que os nosos soños se fagan realidade.