miércoles, 28 de octubre de 2015

Recibimos visitas!

No CEIP O Pombal sempre abrimos as portas a aquelas entidades e persoas que queiran vir ao cole a compartir con nós as súas experiencias porque somos un centro aberto e pensamos que a escola debe estra conectada coa sociedade.

Por ese motivo, onte tivemos un obradoiro de comida saudable organizado pola Fundación Patrimonio Comunal Olivero e Clan TV. No comedor, os rapaces aprenderon sobre hábitos saudables e cociñar algunhas receitas para comprobar que pódese comer ben e disfrutar da comida.

Ademais, hoxe recibimos a visita de científicos do Centro Superior de Investigacións Científicas (CSIC), que con motivo do lema deste ano, a ciencia, compartirán co alumnado unhas sesións de experiementos e explicacións en diversas instalacións no centro.





lunes, 12 de octubre de 2015

ENTREGA DO PREMIO DA FUNDACIÓN ANTONIO FRAGUAS

Todo o claustro de mestras e mestres estamos moi contentos coa acollida que tivo o noso proxecto e a exposición que presentamos con todo o traballo feito polo alumnado de 4º,5º E 6º  de primaria do curso pasado.

Aqui podedes visionar un pequeno  tráiler do que foi ese día.

A EXPOSICIÓN PERMANECERÁ ABERTA ATA O 15 DE NOVEMBRO.

ANIMÁDEVOS A VISITALA! 


jueves, 17 de septiembre de 2015

EXPOSICIÓN PROXECTO LAVADORES: EXCURSIÓN E PREMIO ANTONIO FRAGUAS

Lembrades o Proxecto "Lavadores: pasado e presente da nosa parroquia" que fixemos o ano pasado os nenos/as de 4º, 5º e 6º de Primaria? 
O  obxectivo era dar a coñecer a orixe do antigo Concello de Lavadores e os seus elementos etnográficos máis salientables, para o que investigamos sobre o barrio, as fontes, os lavadoiros, o nome das rúas, etc. e traballamos dende todas as materias e áreas: titores/as, Música, Relixión...

Pois fixémolo tan ben que a Fundación Antonio Fraguas ofreceunos expoñelo no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. Ademais, os rapaces de 5º e 6º xunto cos seus mestres/as irán a Compostela o día 25 deste mes para recibir o premio.


Parabéns aos rapaces e ás familias polo esforzo e polo éxito desta aventura, así como ás mestras e mestres que fixeron posible este proxecto que pon en valor o noso barrio.

Se queredes podedes ver a GALERÍA DE FOTOS da excursión e do acto oficial, no que a mestra María, coordinadora do proxecto, recolleu o premio.

miércoles, 16 de septiembre de 2015

BENVIDOS/AS AO CURSO 2015-16!

Chegou setembro e con este mes á esperada volta ao cole. Xa levamos unha semana de clases e as cousas comezan a  estar en marcha. O equipo de mestres e mestras do CEIP O Pombal desexámovos 
un bo e satisfactorio curso e poñémonos á vosa disposición para que así sexa.

Aínda que de momento estamos adaptándonos e organizándonos, pregamos ás familias que os alumnos/as vaian traendo o material aos poucos nun breve prazo de tempo para poder comezar as clases con normalidade, así como que estean atentas ás circulares que iremos enviando con información.

Ánimo a todos e a aprender moito!

O CLAUSTRO DO CEIP O POMBAL



martes, 16 de junio de 2015

EXCURSIÓN AO PARQUE FORESTAL DO VIXIADOR

Xa estamos remantado o curso, e como xa ven sendo tradicional no colexio, a rapazada de 1º,2º,3º e 4º de primaria fomos pasar un día de convivencia ao Parque Forestal do Vixiador pertencente a parroquia de Candeán.
(como sabedes antiguamente formaba parte do concello de Lavadores)

O alumnado de 4º realizou una pequeña andaina pola ruta das mámoas  pasando tamén pola Lagoa dos Seixos.

Foi un día de ledicia e diversión onde todo o alumnado e os mestres e mestras pasámolo xenial.
se queredes ter máis información prema enriba da imaxe.




domingo, 14 de junio de 2015

I ANDAINA POLO BARRIO DE LAVADORES


I ANDAINA POLO BARRIO DE LAVADORES


O noso alumnado  de 4º, 5º e 6º de primaria,  investigaron e recadaron información sobre o  antigo concello de Lavadores.

Agora é o momento de poñernos en marcha e percorrer as rúas para poder admirar e ver no seu lugar todo o que aprendimos nos libros e do que faláronnos os avós e avoas na semana cultural.
Esperemos poder continuar estas andainas nos cursos vindeiros.

Podedes gozar con nós nesta;
 I ANDAINA POLO BARRIO DE LAVADORES .
( A música que se escoita de fondo é  “Sereas” do CD de Luar na Lubre).






viernes, 12 de junio de 2015

OBRADOIROS DE ENERXÍAS RENOVABLES



O alumnado de 3º e 4º de primaria participaron nun obradoiro sobre aS enerxias renovables.
Ensiñáronlle como funcionan: os paneis solares, os aeroxeneradores , as turbinas  o colector solar e as placas solares dun xeito moi lúdico.

Con este tipo de actividades preténdese fomentar o uso eficiente e racional da electricidade e promover a toma de conciencia sobre o valor da enerxia para unha mellor calidade de vida.


                                                    MOMENTOS DO OBRADOIRO


Para mayor información podes visitar a pax    http://blog.endesaeduca.com/


jueves, 4 de junio de 2015

II QUEDADA LITERARIA NO PARQUE DE CASTRELOS


O xoves 28 de maio participamos na II Quedada Literaria. Unha actividade organizada polos centros educativos de: CEIP Frian Teis, O Chouzo, Ría de Vigo, O Pombal, Carrasqueira e IES O Castro .
Contou coa colaboración do Servizo de Normalización Lingüística do concello de Vigo,e a participación da BPM Valle-Inclán de Redondela e a biblioteca Xosé Neira Vilas de Vigo.

 A rapazada dos colexios quedaron no parque de Castrelos para pasar unha mañá mergullados na lectura nun entorno natural cheo de frescura e tranquilidade .

Andrea Bayer e "Roque Roquiño" foron os encargados de clausurar esta xornada que esperamos repetir o ano que ven! .

 Orde de actuación no acto de clausura.