jueves, 22 de febrero de 2018




 
Neste 2º trimestre  presentóuselle ao alumnado o material có que poderán xogar nos patios de recreo. Esta é unha iniciativa  que xorde da necesidade de potenciar e impulsar diferentes xogos na hora de recreo.

         O obxectivo principal é considerar o patio coma un espazo máis de aprendizaxe,  deste xeito todo o alumnado ten a mesma oportunidade de gozar de todo o patio e de xogar a unha  gran variedade de xogos/actividades que sastifagan  á diversidade existente. 

Por outra banda intentase fomentar no centro educativo os valores, as actitudes e as prácticas que permitan avanzar no respecto á diversidade e a igualdade de oportunidades.

 Resulta necesario establecer actividades lúdicas có fin de contribuír á adquisición de habilidades e competencias sociais e persoais que fomenten o desenvolvemento equilibrado social e cívico e garantan a igualdade entre homes e mulleres.
           
        Dende o centro cremos que o  xogo debe ser libre para calquera neno/a, non imposto, aínda que apostamos por ofertar material e ensinarlles a xogar con xogos tradicionais como cancións de corda ou a mariola, ademais de estar preservando as tradicións tamén estaremos potenciando a actividade no noso alumnado, tanto dentro e fora do centro, xa que lles estaremos a dar ferramentas para que eles as apliquen no seu tempo de lecer. 

miércoles, 14 de febrero de 2018

Entroido 2018

Xá chegou o Entroido e con el a trouleada , vaia semana levamos, que si imos de romanos, poñemos  unha froita na cachola, enormes corazóns..... é unha tolería;  máis  o mellor chegou o día 9 de febreiro co tradicional desfile polo paseo do Calvario.
Como cada ano, disfrazamonos tendo en conta a PDI da biblioteca, nesta ocasión o lema é:                             "No Pombal as Marabillas do mundo coñecerás"
Fantástico, vaia marabillas !!!! Realmente sorprendemos a todas as familias e viandantes que pola rúa peatonal nos acompañaron . Foi un desfile cheo de contrastes e cor . Reflexaba o traballo e dedicación de alumnado, profesorado e a colaboración de moitas familias.
Agradecemos a implicación e axuda das familias do ANPA a cooperación de protección civil e como non o acompañamento da animada e sempre colaboradora BARAFUNDA. 

                     ( Grazas Lolo por este agasallo que deleitou a pequenos e maiores)

viernes, 9 de febrero de 2018

Illas atlánticas. Premios curso 16-17. 5º Primaria y exalumnos 1º E.S.O.

Na sede do Parque Nacional  das Illas Atlánticas están expostos os traballos premiados do curso pasado dos nenos e nenas que cursaron 4º de primaria e 6º de primaria no curso 16-17.




miércoles, 31 de enero de 2018

CORRENDO POLA PAZ

O alumnado e profesorado do Pombal participamos encantados dá carreira con fins solidarios. Quedamos abraiados pola acollida desta proposta na que participou toda a comunidade educativa.

Grazas as familias pola vosa colaboración tanto por estar connosco facendo unha barreira de protección no percorrido como por esas aportacións económicas que de seguro axudaran moito aos máis necesitados.




jueves, 25 de enero de 2018

QUILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE

O martes 30 de xaneiro celebraremos o día  escolar internacional pola Paz e  a non violencia.

Este ano, toda a comunidade educativa,  apoiaremos a iniciativa da ONG  “ SAVE THECHILDREN” .


Dende 2013 a mitade da poboación do Sudán do Sur emigrou por motivos bélicos a outros paises, sendo os cativos  os máis vulnerabeis  á situación  de violencia  e desnutrición.

Coa carreira :
“QUILÓMETROS DE SOLIDARIDADE”,

podemos colaborar coa:
  • ·       Alimentación suplementaria para os menores malnutridos.
  • ·       Mercar vacinas e atención médica.
  • ·       Proporcionar lugares seguros para os menores que quedan sen as súas familias.
Cada cantidade,por pequena que sexa,é importante. 



martes, 23 de enero de 2018

Teatro: A ameaza invisible. 5º primaria


Asistimos, as/os nenas/os de 5º no auditorio municipal, a unha obra de teatro moi interesante sobre os efectos da marea vermella. Moi bo traballo da Escola Municipal de Teatro e do CSIC.




martes, 16 de enero de 2018

AS MARAVILLAS DO MUNDO - TAJ MAHAL

Hoxe o alumando de 1º e 2º de primaria participamos dunha charla/ exposición sobre a cultura dá India. Nesta ocasión tivemos a fortuna de contar coa colaboración dá mestra Lina que visitou este país. Ensinounos os traxes típicos ( o sari e o kurta), observamos fotografías dunha voda hindú e do alumnado dá india. Poidemos ulir o incienso e escoitar o son dun cunco tibetano. Foi unha experiencia enriquecedora que nos achegou un pouquiño máis ata este fantástico país tan colorido.
Grazas mestra Lina por compartir connosco esta experiencia. 

martes, 9 de enero de 2018

5º B, FELIZ ANO!!!


CHEGAN AS VACACIÓNS, ESTAMOS MOI LEDOS!!!!