viernes, 31 de mayo de 2019

MUSEO DE PONTEVEDRA

O alumnado de 2º de primaria o dia 16 de maio realizou unha saída para visitar as instalacións do MUSEO DE PONTEVEDRA .



Participamos dunha actividade patrocinada pola Deputación de Pontevedra. Coñece o museo
Aproveitamos a nosa visita a Pontevedra para pasear polas suas rúas e merendar na praza de Ferrería , onde poidemos gozar dunha actividade musical.




lunes, 27 de mayo de 2019

6º B NA BIBLIOTECA NEIRA VILAS




O alumnado de 6ºB foi á biblioteca Neira Vilas para facer unha viaxe polo mundo e aprender moitas cousas.



EDUCACIÓN VIAL 6ºB


O alumnado de 6º B tivemos unha charla sobre educación vial que veu darnos unha responsable da policía local. Coma sempre foi moiu interesante e serviu para lembrarnos como debemos movernos pola cidade sendo peóns ou ciclistas.





lunes, 20 de mayo de 2019

Excursión a Santiago

O alumnado de 5º Primaria fomos a Santiago, alí estivemos no Parlamento de Galicia e no Edificio Administrativo da Xunta en San Caetano.
Para o xantar aproveitamos os soportais do Pazo de Raxoi. O día estaba chuvioso!!!
Visitamos a catedral, magoa que están en obras, pero si que lle demos a aperta ao Apóstolo.
Finalmente paseamos pola Plaza da Quintana e compramos recordos.
Na Alameda esperamos polo autobús que nos trouxo de volta a casa.



https://photos.app.goo.gl/3qzHpkjo4weUyedY9



sábado, 18 de mayo de 2019

SAÍDA AO RÍO PUGARIÑO


O alumnado de 4º de primaria fomos andando dende o cole, ata o río Pugariño seguindo a senda da auga.
Foros 5km ida e outros 5 de Volta.
Foi unha experiencia moi positiva, observamos a paisaxe,vimos a vexetación da nosa contorna ; carballos,castiñeiros,.xestas ....
Tamén elementos etnográficos como fontes,lavadoiros e restos de muíños que atopatrón cando limpiaron o río Pugariño.
Temos que dar as Grazas a Alejandro quen foi quen nos deu a coñecer esta actividade tan educativa e os que nos guiou e ensinou con tanto entusiasmo.

O Maio

A primeira semana de maio, celebramos no cole a festa dos maios coa que se dá a benvida ao renacemento da natureza despois dun longo sono invernal.

Todos os nenos e nenas do centro contribúen á construción do maio vestindo con fiuncho, flores, xestas ... colocandoas nunha forma cónica.

Este ano  compartimos a experiencia co alumnado de 1º de ESO do IES Castelao que elaboraron unha curiosas coplas.





 

jueves, 25 de abril de 2019

Riqueza musical de Vigo



 Concerto no Conservatorio Superior de Música



Se algo caracteriza a Vigo na actualidade é a súa cultura musical de base:

·         Nove bandas de música coas súas escolas de música,
·         35 coros e corais polifónicas.
·         Máis dunha decena de agrupación folclóricas.
·         Dúas orquestras de música clásica.
·         Un conservatorio público medio e superior de música con grao en instrumentos da música tradicional (o único de Galicia),
·         Dous conservatorios privados,
·         Unha escola municipal de música
·         Unha escola municipal de música folk e tradicional (ETRAD)…

Grazas a esta riqueza cultural e o bo facer da Consellería de Educación o noso alumnado puido asistir neste curso académico a varios concertos didácticos.
 






  
Concerto da ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA  FOLK E TRADICIONAL
(E- TRAD)


O venres 12 de abril, o alumnado de 6º de Educación Primaria, asistiu ao concerto didáctico: “Vigo en sons” interpretado polos mestres da E-TRAD no Auditorio do Concello de Vigo.
Ao longo  do concerto desfrutamos coa interpretación de variadas obras musicais, ademais  vimos vídeos explicativos e imaxes de músicos moi importantes nados ou afincados na nosa cidade como: Os morenos de Lavadores, Henrique Otero, Antón Corral, Milladoiro, a Orquestra Folk de Galicia Son de Seu, Anxo Pintos, ...
Foi un pracer escoitar o tamboril, a pandeireta, a voz, o bombo, a zanfona, arpa, buzuqui, violín, gaita, requinta,...
Participamos con ilusión , escoitando e batendo palmas cando o solicitaban. Remataron a actuación cantando e tocando a canción: “O gato metido nun saco”,  e o noso alumado tamén a cantou.















Na E-TRAD imparten clases de arpa céltica, acordeón diatónico, canto popular, corda pulsada, gaita, percusión tradicional, requinta, violín e zanfona.
Parabéns aos Mestres da ETRAD de Vigo e ao Servizo de Educación do Concello de Vigo, pola calidade do concerto e por promover a nosa cultura.






miércoles, 27 de marzo de 2019

A Reconquistiña 2019

Un ano máis o  alumnado de 4º de primaria reconquista VIGO, como xa ven sendo habitual no mes de marzo , os nenos e nenas de 4º de primaria, xunto coas súas mestras, andan ben atarefados preparando todo para participar desta importante festa da nosa cidade.

Nesta ocasión houbo que renovar os tamboriles e con antelación se fixo un obradoiro en colaboración coas familias .


Todo estaba listo para o obradoiro musical impartido polo grupo de música tradicional colaborador coa asociación do Casco Vello e o Concello de Vigo.


.

Preparamos tamén a pancarta que nos identifica posto que cada ano participamos máis centros educativos desta cidade.


E chegou o día ... !!  Todos e todas vestidos de época!! De franceses, vigueses e viguesas!!! a desfilar polas rúas"acompañados por gaiteiros, percusionistas, tocando os tambores. 


Agradecemos ás familias a súa colaboración acompañando ao alumnado nesta actividade .
Un agradecemento especial, ao grupo musical que nos amenizou tocando a gaita e as pandeiretas.




Aquí está a foto de grupo con ...!!



Foi un día fantástico, pasámolo xenial !!