martes, 30 de octubre de 2012

UN DÍA TERRORÍFICO

Hoxe os nenos e nenas do 1º ciclo recibimos unha visita especial de tres bruxas moi peculiares.  
Contáronnos contos, explicáronnos como diferenciar unha bruxa real doutra disfrazada e para finalizar fixeron unha pócima máxica para que os nenos e nenas xa non teñan medo a nada!

Aquí vos deixamos unhas fotos terroríficas do momento!!!

 

lunes, 29 de octubre de 2012

XOGAMOS COS SENTIDOS

Os nenos e nenas de primeiro estivemos a estudar os cinco sentidos e quixemos polos a proba. 

Por grupos, as mestras, tapáronnos os ollos, deixamos que os nosos sentidos se activaran e comentamos entre todos as sensacións producidas.

Probamos distintos sabores (doce, salgado, amargo), texturas (áspero e suave), sons (agradables e desagradables)...
 
Queredes ver o ben que o pasamos? Dádelle ao play.

sábado, 27 de octubre de 2012



 
Os mestres/as queremos darvos a benvida a este novo curso 2012/2013.

A partir de agora este blogue servirá para presentar novas interesantes, traballos feitos polos nenos e nenas, saídas, actividades escolares e moitas máis sorpresas...

Así que xa sabedes, se non vos queredes perder nada e queredes estar informados, consultádeo a miúdo.


Un saúdo.

viernes, 26 de octubre de 2012

AITOR PONCETE: LA VISTA

Hoxe volvimos recibir na nosa aula un comunicado de Aitor Poncete; nesta ocasión debíamos demostrarlle a nosa vista de lince. Como? Pois resolvendo unha mensaxe secreta.

Despois de moito pensar, decidimos ir á biblioteca do centro porque é alí onde semana tras semana exercitamos a nosa vista á vez que viaxamos con eses contos fantásticos!! E non estabamos moi equivocados, cando chegamos atopamos o maletín de Aitor Poncete e as súas pistas para resolver o misterio.

Queredes ver o ben que o pasamos e todo o que aprendimos?????? Pois dádelle o play!!!!!

lunes, 22 de octubre de 2012

A voltas coa lingua

O alumnado de 1º participou nunha actividade chamada "Ludoteca lingüística". Dun xeito lúdico, fixeron distintas probas para combater un "virus" que paraliza a lingua cando queremos falar no idioma galego. Pasárono moi, moi ben. Fixádevos:

jueves, 11 de octubre de 2012

AITOR PONCETE: EL OIDO

Ultimamente, nas clases de primeiro están o ocorrer cousas extrañas, pero a máis inquetante de todas foi a aparición dun cartel na porta da aula:

 
Quen será este Aitor Poncete? Porque puxo este letreiro na nosa porta? 
Tiñamos un montón de dúbidas que non foron resoltas ata que un día apareceu unha mensaxe.



Así que é un detective de letras en busca de colaboradores!!!
Hoxe fomos convocados polo DETECTIVE AITOR PONCETE para axudarlle nos seus casos e demostrarlle que somos uns grandes detectives. Despois da hora de ler deixounos unha carta na que nos dicía que para ser un bo detective debemos ter: un bo oído, unha boa vista e unha memoria de elefante!!!! Polo que hoxe debemos demostrarlle que temos un oido moi agudo, que non se nos escapa nin un son. 
Dentro do maletín tiñamos todo o material necesario para pasar tres probas. Aínda que ao principio costounos un pouco, ao final soubemos resolver o caso sen problemas!!!!!!
Queredes ver como o fixemos? Dádelle ao play.