jueves, 11 de octubre de 2012

AITOR PONCETE: EL OIDO

Ultimamente, nas clases de primeiro están o ocorrer cousas extrañas, pero a máis inquetante de todas foi a aparición dun cartel na porta da aula:

 
Quen será este Aitor Poncete? Porque puxo este letreiro na nosa porta? 
Tiñamos un montón de dúbidas que non foron resoltas ata que un día apareceu unha mensaxe.



Así que é un detective de letras en busca de colaboradores!!!
Hoxe fomos convocados polo DETECTIVE AITOR PONCETE para axudarlle nos seus casos e demostrarlle que somos uns grandes detectives. Despois da hora de ler deixounos unha carta na que nos dicía que para ser un bo detective debemos ter: un bo oído, unha boa vista e unha memoria de elefante!!!! Polo que hoxe debemos demostrarlle que temos un oido moi agudo, que non se nos escapa nin un son. 
Dentro do maletín tiñamos todo o material necesario para pasar tres probas. Aínda que ao principio costounos un pouco, ao final soubemos resolver o caso sen problemas!!!!!!
Queredes ver como o fixemos? Dádelle ao play.
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario