Os nenos e nenas de 5º de E. Primaria do CEIP "O Pombal" fixemos un percorrido polo Vigo histórico que visitou Jules Verne en 1878 e 1884.Dende a Fortaleza do Castro e O Monumento aos Galeóns afundidos na Batalla de Rande tentamos avistar o submarino "Nautilius"do Capitán Nemo,que seica poida estar recollendo cofres cheos de ouro e prata do tesouro de Rande.
Na Casa Galega da Cultura,antigo Concello de Vigo sito na Praza da Constitución,recibiunos o Conde Chateu-Renault que nos contou toda a historia da batalla.
Dende alí o Capitán Nemo acompañounos ata o monumento a Jules Verne nas Avenidas.
En "20000 leguas baixo os mares"nos vos perdades o capítulo "A baía de Vigo".
No hay comentarios:
Publicar un comentario