Como ven sendo tradicional o alumnado de 6º de primaria, acompañado das
súas titoras e de mestras especialistas, realiza unha visita guiada aos
museos de Coruña
( Casa das Ciencias / Planetario, o Domus e o Aquarium Finisterrae) como viaxe-despedida do noso centro educativo.
A visita a estes tres centros permite ao alumnado descubrir e
experimentar para achegarse dunha forma diferente a cuestións
relacionadas coa bioloxía, a física, a tecnoloxía, as matemáticas e
tantos outros temas que se abordan nas exposicións e actividades.
Resultou unha saída moi gratificante tanto para o alumnado como para o profesorado que acompañou nesta ocasión. Pasámolo Xenial...!!!!
Preme na imaxe para ver FOTOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario