O día 25 de outubro, coincidindo coa semana da inauguración da biblioteca, o CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas), veu ao noso centro a representar a obra de Teatro: “¡Qué trabajo tan curioso!” onde os rapaces e rapazas poideron comprobar no seu corpo, a importancia de ter un estilo de vida saudable.
Esta obra ,está dentro do proxecto “Ciencias humanas: Moito máis que letras”.
O CSIC para levar a cabo esta actividade, contou co apoio da Misión Biolóxica de Galicia e a colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía(Ministerio de Economía, Industria e Competitividade).
Queremos agradecer a Luisa Martínez,científica do CSIC a súa implicación neste proxecto e a os actores; Sonsoles Cordón e Carlos Godoy por esta obra tan divertida
No hay comentarios:
Publicar un comentario