viernes, 21 de diciembre de 2018

FIN DE ANO

Como xa ven sendo tradicional, o último día de cole , o alumnado e profesorado  celebran fin de ano. Cada ano é unha festa máis sorprendente , coas badaladas en directo, música disco, fotógrafos profesionais..... e moita ilusión e alegría. Por cada badalada un lacasito ou gusanito.... Que  ricoooo!!!! 


Este ano  un toque especial.... con aplausos e coreando o seu nome, despedimos ao noso entrañable orientador Paulino!! A comunidade do Pombal desexa que disfrutes da merecida xubilación!!
Axiña teremos fotos e video, estade aten@s

jueves, 20 de diciembre de 2018

MUSEO DO MAR

O alumnado de 2º de Primaria este trimestre visitamos o Museo do mar. Participamos dun obradoiro  de experimentación con diversos elementos que podemos atopar nos areais das nosas praias, descubrimos diferentes texturas, e  visitamos o acuario .Esta actividade está relacionada coa PDI deste curso " Lemos en Verde " é o lema do 1º ciclo é:


domingo, 9 de diciembre de 2018

A IMPORTANCIA GOBAL DO ÓCEANO

O alumnado de 2º de primaria o mércores día 5 de decembro asistiu a unha Charla impartida por Juan Bellas, profesor de investigación do IEO.
Foi un honor que o presentara o seu fillo Xabier, que nos explicou moi ben sobre a súa actividade de investigación.

Mediante un sinxelo experimento aprendemos que son as correntes oceánicas e como se forman, e falamos da súa importancia na redistribución da enerxía procedente do sol por todo o planeta.
 
 Descubrimos a importancia que poden ter uns seres vivos microscópicos, as microalgas (fitoplancto), que ademais son en parte responsables da coloración do mar. Iso se debe á que as algas, igual que as plantas terrestres, teñen unhas moléculas chamadas pigmentos (como a clorofila), que utilizan para tomar a enerxía lumínica e transformala en materia orgánica. Facemos un experimento no que extraemos e observamos os pigmentos das plantas.

 

Explicamos o fenómeno da ‘ardora’ ou ‘ardentía’, o brillo nocturno da auga que se pode observar nas nosas praias. Este fenómeno débese á presenza dalgunhas especies de microalgas que son capaces de producir luz. Apagamos as luces e, en escuridade, axitamos un matraz que aparentemente solo ten auga, e vemos como produce una luz azulada. Este fenómeno, que ten lugar en varios organismos mariños, chámase bioluminiscencia.

A idade dos peixes
Dentro das labores dos científicos mariños, o estudio das poboacións de peixes é moi importante, xa que diso depende a cantidade de peixe que se pode pescar. Nestes estudios é esencial coñecer a idade dos peixes, así que aprendemos como se calcula. Como o facemos? Pois os peixes, igual que o resto dos vertebrados, teñen uns ósos no seu cranio, que se chaman otolitos. Estes ósos, que serven para manter o equilibrio e a profundidade, así como para detectar vibracións na auga, presentan aneis de crecemento anuais (parecidos ós aneis das árbores), que nos permiten calcular a súa idade. Vemos otolitos de diferentes especies de peixes, con formas diferentes, e aprendemos como varía o seu tamaño ó crecer o animal.

Un cranio de …
Vemos un cranio dun animal mariño pero, de que animal? Será dun peixe espada …, dunha ave … Pois é o cranio dun arroaz. Un golfiño. O que pasa é que lle falta o órgano do melón, un órgano de tecido graxo que teñen os cetáceos como os golfiños ou as orcas, na súa fronte. E así é máis difícil de identificar. Este órgano o empregan para coñecer o seu entorno e para a captura de presas, mediante a emisión de sons. Isto chámase ecolocalización.
Vemos como é o cranio, as vértebras, as costelas e os dentes dos golfiños. En canto ós dentes, vemos a diferencia entre os dentes dos golfiños e os dos humanos. Son moi pequenos, afiados, teñen moitos, e ademais, son todos iguais, porque non teñen diferentes funcións como os nosos dentes. Teñen unha función única, coller a súa presa e desgarrala. Despois a tragan sen mastigar.

 Pasámolo Xenial e canto aprendemos !!! En pequenos grupos imos contarlles a   experiencia aos compañeiros/as de 1º de primaria.

Agradecemos a Juan Bellas a súa implicación e colaboración nesta actividade escolar.

lunes, 3 de diciembre de 2018

Sociais con Selene e Marta



Selene e Marta fixeron un traballo sobre o relevo e os climas de España. ¡¡Os climogramas son increibles!! Moi bo traballo chicas.



sábado, 17 de noviembre de 2018

MAGOSTO 2018


 A FESTA DO MAGOSTO resultou  animada e superlúdica.  Durante a  semana comezaron  os preparativos  elaborando as nosas creativas caixas de aula, cestiños e cucuruchos  para as castañas. Aprendemos a canción para ese día



 Novamente contamos con xogos que tan amablemente nos presta a asociación de xogos tradicionais e o concello do Grove.


 O pavillón do centro foi o campo de xogos para o alumnado de 3º,4ºe 5º, a zona de paso, foi o lugar de xogos para o alumando de 1º,2º e 3º.

  O alumnado de E.Infantil gozou da xornada de xogos na súa zona. Elaboraron uns fantásticos cestiños para as súas castañas.


 O alumnado de 6º participou como colaboradores ,asesorando e axudando aos mais pequenos. Todos/as gozaron pasando polos  postos con propostas inxeniosas e que "molaban" moito.

 Para finalizar, chegou a papatoria das riquísimas castañas asadas que nos preparou o castañeiro que adoita estar polo barrio do Calvario.
 


PASÁMOLO  XENIAL!!
https://photos.google.com/album/AF1QipOIsVOJsmEk5A8abQ5hgkma7CGTygJ91YgyAYpa

                                          



viernes, 16 de noviembre de 2018

Obradoiro Científico

O alumando de 2º de Primaria como motivación  para o inicio da PDI da biblioteca : " Lemos en VERDE " participou  dun obradoiro impartido por Beatriz Ruiz ,científica de laboratorio.

Explicounos en que consistia o seu traballo, e realizamos tres experimentos que nos agradaron unha chea ...
Elaboramos unha pequena depuradora , na que podiamos observar como a auga ben sucia se filtra para depurar, ainda que despois para consumir hai que sometela a algún tratamento.



Este experimento consistía en ver a fermentación das levaduras como respiran e se alimentan  de azucares no proceso.

O último experimento, tiña como obxectivo a hixiene de mans á hora de alimentarnos, consistía en  deixar pegadas nunha placa con medio de cultivo  para observar como crecían as bacterias.


 Agradecemos a Bea a súa implicación e colaboración .

PASÁMOLO XENIAL!!
 



miércoles, 14 de noviembre de 2018

MAGOSTO 2018


Maña,  venres 16 de Novembro, no  POMBAL celebraremos esta tradicional festa galega. Haberá xogos tradicionais, comeremos castañas asadas....

Cantaremos esta canción que estamos ensaiando coa nosa mestra de música Teresa. 
Ben animados que nos ten!!


Festa Rachada!!

lunes, 5 de noviembre de 2018

Comeza a "RUTAESCOLA"


Hoxe luns día 5 de novembro comezou a RUTAESCOLA do noso colexio coa axuda das nais voluntarias da ANPA do cole e todo se desenvolveu con absoluta normalidade.






domingo, 4 de noviembre de 2018

Samaín 2018

Como cada ano polo outono, alumnado do Pombal púxose mans a obra decorando as portas das súas aulas , tuneando globos con caras monstruosas para ambientar as zonas comúns do centro , aprendemos adiviñas ....... este ano  preparando en familia as súas cabazas para celebrar o Samaín.



As creacións deste pequenos/as artístas poidemolas ver nunha exposición  ao carón do mercado  Calvario.
Menudo serán/festa  se organizou o día 31 na peonil do Calvario, con música, obradoiros de maquillaxe, con xogos....... foi unha festaza !! 

sábado, 27 de octubre de 2018

INAUGURACIÓN DA BIBLIOTECA

A Biblio comeza a súa andaina neste curso 18/19!!


 Esta semana todos os grupos de alumnado foron á biblioteca , decorada especialmente de  VERDE como sabedes o noso lema é

 
 Menuda sorpresa...!!!!  Ao entrar atopamos unhas pequenas....

.... levaban directamente ao fogar do ratiño Pérez , que como sabedes ten morada na biblio.
Asistimos a unha  presentación sobre Castelao (o ilustre galego que da nome a nosa bilioteca) repasamos as normas e os servicios que nos ofrece, recollemos as mochilas viaxeiras e un agasallo de aula .  
 FOI UN DÍA FANTÁSTICO !!

Se queres ver todo o que ali pasou, visita o blogue :

http://castelaonopombal.blogspot.com/2018/10/inauguracion.html


miércoles, 17 de octubre de 2018

CARBALLOS

Fai un ano alá polo mes de Outubro a nosa cidade, VIGO, sufriu a oleada de incendios que afectou a toda a comunidade educativa. Había que facer algo!!!! 

 Fixémos un acto reivindicativo en contra da queima masiva do noso monte. Dende a escola decidimos sementar unhas landras para poder repoboar os nosos montes.

 Ao inicio deste curso 2018-19  o alumnado do POMBAL   tivo a oportunidade de levar un carballo  para repoboar  e recuperar as  zonas verdes con esta árbore autóctona. 



martes, 11 de septiembre de 2018

BENVIDOS/AS AO CURSO 2018 - 19

Comezamos un novo curso!! O alumnado do Ceip O Pombal estamos dispostos a compartir xogos, alegrías, inquedanzas, ilusións e moitas aprendizaxes.
 
Setembro é o  mes da esperada volta ao cole. As mestras e mestres levamos unha semana preparando todo para a vosa volta.O equipo de mestres e mestras do CEIP O Pombal desexámovos un bo e satisfactorio curso e poñémonos á  disposición das familias para calquera dúbida.

Aínda que de momento estamos adaptándonos e organizándonos, pregamos ás familias que os alumnos/as vaian traendo o material aos poucos nun breve prazo de tempo para poder comezar as clases con normalidade, así como que estean atentas ás circulares que iremos enviando con información.

Ánimo a todos e a aprender moito!
O CLAUSTRO DO CEIP O POMBAL
 
 
 

lunes, 25 de junio de 2018

PROXECTO SOCIAIS 5ºB




O alumnado de 5ºB fixo uns proxectos fantásticos de sociais sobre a Idade Moderna.






sábado, 23 de junio de 2018

VIXIADOR

Como cada ano o alumnado do POMBAL realiza unha excursión de fin de curso, este ano fomos unha vez máis ao vixiador , un espacio natural que nos encanta polas actividades que alí podemos facer. Realizamos diferentes rutas de sendeirismo, tendo en conta a nosa idade e intereses,  poidemos observar as mámoas, a flora e fauna deste parque. Compartimos comida e xogos nesta xornada de convivencia que tanto nos agrada.

                                                                         
                                                                   FOTOS

lunes, 18 de junio de 2018

MURAL PAINTING

Este curso o alumando de 6º de primaria tiveron un gran desafío, a proposta era pintar un muro do colexio, na clase de art. Realizaron bocetos sobre   As marabillas de Vigo . Unha vez elexido o muro , tomaron medidas, distribuiron os espazos .... e o máis importante seguiron as instruccións de Michi , a auxiliar de conversa, a coordinadora e artista desta obra. 

 

Blogue de Inglés

Ao ver os bocetos no muro, todo o alumnado de primaria quere participar nesta impresionante obra . Mirade as   FOTOS  do interese e esforzo que puxemos todos/as para que luzamos esta marabilla.

viernes, 8 de junio de 2018

Herbarios

O alumnado de 4º de primaria, este curso en Ciencias da Natureza elaborarou un herbario.
Primeiro, con axuda da familia, recolleron plantas e flores e puxéronnas a secar. Despois buscaron información  e cubriron unha ficha de cada unha delas. Finalmente, pegáronnas e crearon o seu libro.




 

jueves, 7 de junio de 2018

Visita á Fundación Sales

O alumnado de 1º de Primaria , o martes realizou unha visita á Fundación Sales. Menuda sorpresa todo o que alí poidemos ver e aprender, os nenos e nenas estaban encantados coa saída e disfrutaron moito das actividades propostas.

 Fixémos dous grupos :
 * Un grupo con Elisabeth percoreu os xardíns, escoitaron con atención as historias  que nos relatou sobre as especies vexetais e a vida do seu fundador "Sales".
 * Outro grupo realizou un obradoiro con  Patri; tras unha explicación sobre as partes e necesidades das plantas, plantaron unha leitura.  Tamén personalizaron as macetas.


https://photos.app.goo.gl/g4NDEraAvkJsLdIL2

 Se queres dar un paseo pola Fundación Sales preme AQUÍ

lunes, 4 de junio de 2018

VISITA AO MUSEO MARCO


As nenas e nenos de 5º de Primaria foron ao Museo Marco a ver unha exposición sobre Xulio Verne.
Foi moi interesante coñecer a súa obra e a relación que tivo con Vigo.

https://photos.app.goo.gl/m5omvvHc2Ls9cEKq1 



FIGURAS XEOMÉTRICAS CON LUCÍA 5ºB



    Lucía de 5ºB fixo un traballo sobre figuras xeométricas. Moi ben Lucía!!!!




VISITA A SANTIAGO


O alumnado de 5º de primaria foi a Santiago de Compostela a coñecer o Parlamento, a Xunta e a Catedral de Santiago.
Paseamos polas vellas rúas da cidade, xogamos e comemos no campus.
                       Pasámolo moi ben!!!!



https://photos.app.goo.gl/rGHDUyhAfhstoZzq1

                                    Para ver mais fotos fai click enriba desta foto.

miércoles, 30 de mayo de 2018

FESTA DA ALEGRÍA

Estes días o noso barrio celebra a FESTA DA ALEGRÍA, e realmente é unha ledicia pasear pola peonil do Calvario.  Podemos mercar todo tipo de productos, artesanía ... participar de pasarrúas, escoitar música tradicional ..... e os  máis cativos poden gozar de diversas actividades lúdicas.
O Pombal tamén quixo sumarse a esta festa . Miraaaade ...!!!!! que chulo nos quedou ....


Agradecemos a BARAFUNDA este agasallo, a colaboración , o cariño e a sensibilidade que sempre ten coa  nosa comunidade educativa.

martes, 29 de mayo de 2018

TRES GRANDES MULLERES

 O alumnado de 4 anos A este curso estiveron.......

 INVESTIGANDO  TRES GRANDES MULLERES
                              - ROSALÍA DE CASTRO. Como comezaba a semana da poesía, repasamos o poema dela e a ela apintamola  coas cores frías ou cálidas.Pedimos verbas galegas para facer a poesía;copla maio...



                              - MAYA PENN,  8 DE MARZO  (ENVIARON O PDF AO CONCURSO DE RECICLAXE E MEDIO AMBIENTE) As actividades que fixemos estan  relacionadas cos traballos e aficións de Maya.




                              - Mª VICTORIA MORENO MARQUEZ, 4º MULLER HOMENAXEADA NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS.




Unha muller comprometida coa docencia, coa lingua e a cultura Galega. Decoramos o escenario cunha caricatura súa, con Galicia no colo e a entrada do colexio cun debuxo dos seus derradeiros anos.

OBRADOIRO GLOBOFLEXÍA

O alumnado de 1º de primaria, onte, participou dun obradoiro de globoflexía impartido polo grupo Barafunda. Para comenzar LOLO o encargado do obradoiro, nos contou un pouco sobre os globos ,de onde se obten a materia prima para facer un globo, como se elaboran..... O que temos que averiguar é .... que árbore no dá a resina, para facer o látex dos globos? Aaaaahh!! Algo moi importante que son biodegradables, tardan aproximadamente en desfacerse uns catro meses. Foi unha experiencia inesquecible.
Pasámolo xenial!!! Fixémos unha morea de fotos.



https://photos.app.goo.gl/1nBcczyvteOg2GDO2

martes, 22 de mayo de 2018

LETRAS GALEGAS

Para celebrar o día das Letras Galegas, preparáronse unha serie de actividades culturais.
PARABÉNS a mestra ANGÉLICA pola súa posta en escena do personaxe homenaxeado este ano neste día, Maria Victoria Moreno Márquez . Parabéns a todos os nenos e nenas que participan na obra de teatro lido  e no grupo musical e a mestra TERESA que grazas ao seu esforzo e traballo extra nos recreos fannos gozar destes momentos tan ledos. Noraboa ao alumnado de Infantil e de primeiro polo recitado de poesías.
Agradecemos tamén a todo o profesorado a súa implicación e colaboración , deste xeito facemos  posible as celebracións no noso centro. NORABOA A TOD@S POLO FANTÁSTICO TRABALLO EN EQUIPO!!!


Estade atent@s que axiña estarán máis videos e fotografías .

miércoles, 16 de mayo de 2018

SPRING FESTIVAL

O alumando e profesorado do Ceip O Pombal este curso participamos do programa Europeo.
https://www.etwinning.net/es/pub/index.htm

eTwinning fomenta a colaboración escolar en Europa utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) e apoia aos centros escolares prestándolles as ferramentas e os servicios necesarios que faciliten a súa asociación para desenvolver un proxecto en común.

pring Festival  é a nosa proposta europea de traballo en común.

Toda cidade ou rexión celebra as primeiras flores en primavera. As escolas mostran e comparten as tradicións e a cultura a través de diferentes actividades que inclúen materias curriculares: artes e oficios, literatura, ciencia, música, etc. Descubrir sobre "Os Maios" en Internet e na biblioteca escolar libros, cancións, rimas, arte e artesanías, decorando unha árbore (pedindo axuda ás familias: fiuncho,xestas , flores, ovos, laranxas). Investigando sobre como cada país socio celebra a chegada de Spring, inventando "coplas" (a rima con 3 estrofas cada escola, explicando a forma e tema de cada estrofa), decorando  con materiais naturais ou reciclados, decorando unha árbore ...




Estade atent@s  para ver fotos e videos.

    


 

Se queres ver a participación de todo o alumnado na elaboración do maio natural non deixes de ver este video ...