O alumando e profesorado do Ceip O Pombal este curso participamos do programa Europeo.
eTwinning fomenta a colaboración escolar en Europa utilizando as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) e apoia aos centros escolares prestándolles as ferramentas e os servicios necesarios que faciliten a súa asociación para desenvolver un proxecto en común.
pring Festival é a nosa proposta europea de traballo en común.
Toda cidade ou rexión celebra as primeiras flores en primavera. As escolas mostran e comparten as tradicións e a cultura a través de diferentes actividades que inclúen materias curriculares: artes e oficios, literatura, ciencia, música, etc. Descubrir sobre "Os Maios" en Internet e na biblioteca escolar libros, cancións, rimas, arte e artesanías, decorando unha árbore (pedindo axuda ás familias: fiuncho,xestas , flores, ovos, laranxas). Investigando sobre como cada país socio celebra a chegada de Spring, inventando "coplas" (a rima con 3 estrofas cada escola, explicando a forma e tema de cada estrofa), decorando con materiais naturais ou reciclados, decorando unha árbore ...
Se queres ver a participación de todo o alumnado na elaboración do maio natural non deixes de ver este video ...
No hay comentarios:
Publicar un comentario