jueves, 27 de junio de 2019

Excursión a Coruña do alumnado de sexto


As nenas e nenos de sexto de educación primaria realizaron a excursión de fin de etapa, como tódolos anos, á cidade da Coruña. Fomos ver tres dos museos máis importantes de Galicia: "A Domus", "O Acuario" e "A Casa das Ciencias". Tamén disfrutamos dunha sesión no planetario que foi moi interesante.
Pasámolo moi ben nesta derradeira saída na que nenas, nenos e mestras aprendemos moito e despedímonos despois de tantos anos xuntos.
Desexámosvos o mellor para esta nova etapa que comeza e sempre nos lembraremos de vos.
Moita sorte!!!!

Preme na imaxe para ver todas as FOTOS

https://photos.app.goo.gl/VRbz6BXn9dEHwoAq8

No hay comentarios:

Publicar un comentario