lunes, 22 de abril de 2013

VISITA Á PERRUCARÍA

Os nenos e nenas de primeiro de primaria estivemos a traballar na aula as profesións. O ano pasado tivemos a sorte de visitar unha panadería e nesta ocasión coñecimos un pouquiño máis a profesión de perrucaría da man de Rosy e Vanesa.

Ademáis de ver as diferentes estancias, aprendimos os instrumentos de traballo propios desta profesión, para que se utiliza cada un deles... Contestaron con moita amabilidade a todas as nosas dúbidas e permitíronnos tocar, probar...

Ao final Rosy e Vanesa tratáronnos como verdadeiros clientes, fixéronnos uns peiteados xeniais. 

Moitas grazas pola vosa paciencia Rosy e Vanesa!!!

viernes, 12 de abril de 2013

A CASA DOS VELLOS MARIÑEIROS

Os nenos e nenas do primeiro ciclo de primaria fomos de visita ao Museo do Mar para participar na actividade "A casa dos vellos mariñeiros".

Nesta actividade transformámonos en pequenos mariñeiros e internámonos no particular mundo da cultura tradicional mariñeira de Galicia. Vivimos unha experiencia que nos permitiu coñecer e practicar distintos medios de pesca, navegación e crenzas propias da cultura mariñeira, e, ademais, visitamos o acuario onde descubrimos algúns dos segredos que gardan os peixes e outros seres mariños que alí se atopan. 

Todo isto ao arredor da "Lenda Dos Mariños". Sumerxídevos con nós.

      1º Educación Primaria


2º Educación Primaria                  
             

martes, 9 de abril de 2013

DÁLLE FORTE AO ALMORZO!

Os alumnos e alumnas do primeiro ciclo realizamos unha visita ao Gadis, participando na campaña Dálle forte ao almorzo! que ten como obxectivo achegar aos nenos e nenas á realidade do consumo responsable (ler a información das etiquetas, fixarse nas datas de caducidade...), ofrecéndolles unha visita para coñecer os diversos aspectos do supermercado, prestando especial atención os departamentos de produtos frescos como pescadería, carnicería, charcutería e froitería.



viernes, 5 de abril de 2013

ESCAVANDO EN SALINAE

Os nenos e nenas de 5º convertéronse en verdadeiros arqueólogos por un día. En primeiro lugar fixeron unha pequena visita á Salina para coñecer o espazo que están a visitar, a que se dedicaban e quenes eran as persoas que alí traballaban. 

Unha vez rematada a visita pasaron a realizar unha simulación dunha escavación arqueolóxica con todo o que ela implica, para así comprender as técnicas de investigación do pasado e o significado do que na escavación atoparon.

E por último, aproveitando o entorno da salina, realizaron unha experiencia que lles permitiu coñecer os métodos de conservación dos alimentos que se usaban na anitgüidade.

UNHA MENIÑA CHAMADA ROSALÍA

Os nenos e nenas do segundo ciclo tiveron a sorte de participar nun espectáculo de poesía, historia, música y ficción poética organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.
 
Contáronnos a historia dunha nena chamada Rosalía, nacida no rural galego de principios do XIX, que sentiu, escoitou e cantou nunha lingua de pobres que por entonces non se escribía.



ROSALÍA DE CASTRO

Este ano adicamos a Semana da Poesía a Rosalía de Castro co motivo do 150 aniversario de "Cantares Gallegos"

Para que coñezades un pouquiño máis sobre ela, aquí vos deixamos un pequeno libriño con información moi interesante.







Para poder ver a presentación en pantalla completa só tendes que clicar enriba do cadrado que aparece na marxe dereita.

Aproveitamos tamén para avisarvos que este venres 12 de abril, ás 17 horas na Ludoteca de Lavadores (Avda. Ramón Nieto 302), terá lugar un espectáculo de poesía, historia, música y ficción poética organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo.

Trátase da historia dunha nena chamada Rosalía, nacida no rural galego de principios do XIX, que sentiu, escoitou e cantou nunha lingua de pobres que por entonces non se escribía.

Esta actividade está dirixida aos nenos e nenas maiores de 7 anos e é gratuita.

LUDOTECA LINGÜÍSTICA

A Ludoteca Lingüística é un proxecto de dinamización lingüística que consiste na recuperación de xogos tradicionais, a disposición de xogos novos e diferentes, e xogos lingüísticos que procuran fomentar o uso do galego dun xeito eminentemente lúdico.

Os rapaces/zas tiveron que ir superando as distintas probas que se lles propuxeron de maneira rotatoria e cooperativa ao mesmo tempo.





martes, 2 de abril de 2013

DIÁLOGOS COA DANZA

O venres 22 de marzo, os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria, fomos a Fundación Mayeusis a unha actividade cultural, titulada DIÁLOGOS COA DANZA. Participamos moito, tocamos as palmas ou os dedos en función da intensidade, marcamos ritmos cos pés, bailamos, uns en filas, outros en rodas. Incluso!!! Laura, Violeta, Manuel e Fátima tocaron o timbal.


 Escoitamos músicas moi coñecidas: a banda sonora de Misión Imposible, o Canon de Pachelbel, a Habanera de Carmen de Bizet, a Pantera Rosa, Polca da Carrasqueira, Minuetto de Beethoven (a recoñecemos como a sintonía da serie “Érase unha vez ...”), para rematar escoitamos a Tarantella Napolitana, empeza moi lento e vai acelerando ata chegar a un ritmo moi rápido.


Disfrutamos moito con esta actividade, mirade as fotos.