O
venres 22 de marzo, os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria, fomos a
Fundación Mayeusis a unha actividade cultural, titulada DIÁLOGOS COA DANZA. Participamos
moito, tocamos as palmas ou os dedos en función da intensidade, marcamos ritmos
cos pés, bailamos, uns en filas, outros en rodas. Incluso!!! Laura, Violeta,
Manuel e Fátima tocaron o timbal.
Escoitamos músicas moi coñecidas: a banda
sonora de Misión Imposible, o Canon de Pachelbel, a Habanera de Carmen de
Bizet, a Pantera Rosa, Polca da Carrasqueira, Minuetto de Beethoven (a recoñecemos
como a sintonía da serie “Érase unha vez ...”), para rematar escoitamos a Tarantella Napolitana, empeza moi lento e vai
acelerando ata chegar a un ritmo moi rápido.
Disfrutamos moito con esta actividade,
mirade as fotos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario