domingo, 12 de noviembre de 2017

MAGOSTO 2017

O martes 14 de Novembro no POMBAL celebraremos esta tradicional festa galega. Haberá xogos, comeremos castañas asadas....

.....  e cantaremos esta canción.


Este ano antes do comer as castañas, teremos un acto de concienciación contra os incendios forestais:

  • Lectura do manifesto en defensa das árbores e coidado do medioambiente.
  • Plantación de árbores polo alumnado do centro.

Antes cada curso verá un pequeno video que trata sobre esta situación.
1º e 2º de primaria

3º e 4º de primaria




5º e 6º de primaria

Podemos ver  FOTOS da festa do magosto premendo na imaxe.

https://photos.app.goo.gl/jZkwtVaR11SvwWhZ2
 

lunes, 6 de noviembre de 2017

SAMAÍN


Nenos de 5º fixeron cabazas para a festa do Samaín!!




INSECTOS PALO

Anxo trouxo á clase uns insectos palo para que todos os viran crecer, comer,... Encántanos telos en clase para coidalos. ¡Grazas Anxo!


jueves, 2 de noviembre de 2017

INAGURACIÓN DA BIBLIOTECA



O día 25 de outubro, coincidindo coa semana da inauguración da biblioteca, o CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas), veu ao noso centro a representar a obra de Teatro: “¡Qué trabajo tan curioso!” onde os rapaces e rapazas poideron comprobar no seu  corpo, a importancia de ter un estilo de vida saudable.

Esta obra ,está dentro do proxecto “Ciencias humanas: Moito máis que letras”.
O CSIC para levar a cabo esta actividade, contou co apoio da Misión Biolóxica de Galicia e a colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía(Ministerio de Economía, Industria e Competitividade).

Queremos agradecer a Luisa Martínez,científica do CSIC a súa implicación neste proxecto e a os actores; Sonsoles Cordón e Carlos Godoy por esta obra tan divertida


lunes, 30 de octubre de 2017

SAMAÍN 2017

O alumnado do Pombal participou dunha charla sobre a festa do samáin e despois puxéronse mans a obra para preparar as súas cabazas para celebrar o Samaín. Coa chegada do mes de santos celebramos esta anterga festa, é unha antiga festividade céltica .Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das colleitas e, con el do ano vello, e o comezo do inverno e, con el do ano novo.
As creacións deste pequenos/as artístas poidemolas ver nunha exposición  na peatonal do Calvario.
Menudo serán/festa  se organizou onte pola tarde con xogos, concursos e chocolatada.
http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d148698184k1301120o1l1/saman-2017


lunes, 23 de octubre de 2017

CHARLA - O mel de Galicia

O alumnado de 1º e 2º de primaria no día 19 de Outubro, asistiu a unha charla sobre apicultura.
Puideron observar unha colmea por dentro, os paneis e os útiles que se empregan para extraer o mel.
Houbo  ocasión de ver un traxe de apicultor/a  e tamén algún afortunado tivo ocasión de probar o traxe.
Como remate final desta charla Beatriz , así se chamaba a monitora, agasallounos cun bote de mel  Galega e un globo.
Foi unha experiencia moi interesante. Pasámolo Xenial!!

miércoles, 4 de octubre de 2017

Concerto Didáctico da EMMBA (Escola de Música Moderna e Belas Artes)




O día 27 de setembro os  mestres da EMMBA deron un concerto ao alumnado de 4º, 5º, e 6º de Educación Primaria.

Explicaron que esta nova escola que abre as súas portas en outubro está especializada en música moderna e novas tendencias (blues, rock, funk, jazz) con recoñecemento oficial dentro do marco europeo EOF e cualificacións MECU (Marco Español de Cualificacións)
Escoitamos en directo:  a batería. a guitarra eléctrica, o saxofón o teclado, a voz. Interpretaron diversos estilos: baladas, jazz, rock.

Os músicos explicaron algunhas particularidades dos seus instrumentos e interpretaron máis obras musicais.
Logo algúns alumnos subiron ao escenario e tocaron os instrumentos.

 Pasámolo moi ben!!! 

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d142759177k6090533o1l1/concerto-emmba
                                         (Preme na imaxe para ver  FOTOS/VIDEOS)

domingo, 10 de septiembre de 2017

BENVIDOS E BENVIDAS

Hoxe comezamos un novo curso!! O alumnado do Ceip O Pombal estamos dispostos a compartir xogos, alegrías, inquedanzas, ilusións e moitas aprendizaxes.




 O equipo de mestres e mestras do centro desexámovos un agradable e satisfactorio curso e poñémonos á vosa disposición para que así sexa.

Aínda que de momento estamos adaptándonos e organizándonos, pregamos ás familias que os alumnos/as vaian traendo o material aos poucos nun breve prazo de tempo para poder comezar as clases con normalidade, así como que estean atentas ás circulares que iremos enviando con información.
Ánimo a todos e a aprender moito!
O CLAUSTRO DO CEIP O POMBAL