viernes, 31 de mayo de 2013

VISITA AO MUIÑO DA REGUEIRA

O alumnado de 5º de Educación Primaria visitaron o Muiño da Regueira situado na parroquia de Matamá (Vigo), o cal foi restaurado por iniciativa da Asociación Colectivo Cultural Alternativo Malaherba e volveu funcionar no ano 2011, despois de 70 anos de abandono.

Na visita explicáronnos o ciclo do millo dende que se planta ata que se recolle e se converte en fariña. Ademais ensináronnos en que consiste un muiño de auga, as súas partes e o seu funcionamento.

Aquí vos deixamos unhas fotos da nosa visita:

jueves, 30 de mayo de 2013

CONTACONTOS: LINDA Á ESPREITA

Os nenos e nenas do primeiro ciclo tivemos a sorte de disfrutar do contacontos "Linda á espreita" con Iago López.

Linda é unha vaca diferente ás demais. Cada mañá, mentres a muxían, a vaca Linda estaba nerviosa e impaciente de cara ao exterior da granxa. Porque había algo que a Linda lle gusta máis que nada no mundo. O seu maior pracer consistía en metelo un susto ao carteiro e botalo da granxa. Cada día, Linda escóndese e un sitio distinto e sempre conseguía o seu obxectivo, ata que o pobre carteiro remataba alporizado e incapaz de seguir co seu traballo. Non obstante, encontrará alguén preto que o axudará.

Algúns dos grandes momentos compartidos na sesión:


martes, 28 de mayo de 2013

VISITA AO MUSEO DO MAR

Os nenos e nenas de 3 e 4 anos de Educación Infantil fomos de visita ao Museo do Mar para participar na actividade "A casa dos vellos mariñeiros".

Nesta actividade transformámonos en pequenos mariñeiros e internámonos no particular mundo da cultura tradicional mariñeira de Galicia. Vivimos unha experiencia que nos permitiu coñecer e practicar distintos medios de pesca, navegación e crenzas propias da cultura mariñeira, e, ademais, visitamos o acuario onde descubrimos algúns dos segredos que gardan os peixes e outros seres mariños que alí se atopan. 

Todo isto ao arredor da "Lenda Dos Mariños". Sumerxídevos con nós.

NA PERCURA DO TESOURO

Os alumnos/as de 3º e 4º de Educación Primaria asistimos a actividade didáctico-musical: "Na percura do tesouro" no teatro García Barbón, o xoves 25 de abril de 2013.


Ofertada e interpretada pola Asociación Folclórica Gaiteiros da Xistra.

Xurxo non cría nas lendas dos mouros. ¡Son cousas de vellas!- pensaba. Pero estaba moi convencido de que aqueles debuxos nas pedras do monte eran as marcas do mapa dun tesouro. Moura, a gardiá da cova, axudáralle a liberarse da gran e malvada Serpe dándolle as claves e as pistas das probas que Xurxo debería superar NA PERCURA DO TESOURO.

Lendas, romances, zanfonas, alalás, cantigas, refráns, seres mitolóxicos,... conforman as sendas que levan a descubrir o auténtico tesouro colectivo; un tesouro que só ten valía se é compartido e respectado: a lingua.

Todos colaboramos para atopar o tesouro, salientamos a participación de Aroa e Jessica, que subiron ao escenario en calidade de "Axudante" e "Buscador".

Aquí tendes unhas fotos:


jueves, 23 de mayo de 2013

SAIDA Á BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS

Hoxe os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria visitamos, dando un pequeno paseo, a Biblioteca Xosé Neira Vilas.

Ao chegar recibiunos unha das bibliotecarias que foi a encargada de explicarnos o funcionamento e os espazos da biblioteca: prensa e revistas, novidades, zona de adultos, zona infantil, zona de ordenadores...

Despois xa na zona infantil explicáronnos que, unha vez fetio o carné da biblioteca que temos moitos de nós, poderíamos levar tres documentos, dos cales un poderá ser material especial (CD-audio, DVD, Blu-ray, etc). 

Tamén nos recordaron as normas básicas e as partes do "tejuelo dun libro" a medida que nos ía contando diversos tipos de libros: un conto, un libro de poesía, un libro de imaxes (banda deseñada), unha bibliografía...

Por último, despois de contarnos "O cadro máis bonito do mundo", axudamos a atrapar as manchas de cores escondidas pola biblioteca convirtíndonos así como
Joan Miró en grandes pintores. Queredes ver que mural tan bonito fixemos?


Aquí vos deixamos o enlace ao blog da biblioteca.


martes, 21 de mayo de 2013

IV XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR 2013

Os días 21, 22, 23, 27, 28 e 29 de maio o Auditorio Municipal do Concello de Vigo, albergará, baixo a dirección técnica da Escola Municipal de Teatro, as IV XORNADAS MUNICIPAIS DE TEATRO ESCOLAR, nas que participarán máis de 400 novos actores e actrices pertencentes a 15 centros de educación primaria e aos grupos de nenos/as da Escola Municipal de Teatro de Vigo. Estas xornadas posibilitan unha experiencia de participación aberta a toda comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias e contorno.

O noso centro participará o mércores 29 de maio ás 11:40 horas. Dende o colexio animámosvos a ir e vivir unha gran experiencia xunto cos nenos e nenas que prepararon a obra de teatro con moita ilusión.

Deixámosvos o programa a continuación:




 

jueves, 16 de mayo de 2013

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013

Hoxe conmemoramos no colexio o Día das Letras Galegas e a figura de Roberto Vidal Bolaño, quen destaca polo súa adicación ao teatro.  

No colexio temos a Compañía de Teatro Infantil María Casares que este ano preparou a obra titulada "TRES PINGUIÑAS E UNHA AVENTURA", que narra a historia de tres pinguiñas rebuldeiras, cansas xa de estar na súa cómoda e mol nube e acordan viaxar a terra na busca de aventuras, sendo unha realidade moi distinta a que esperaban, pero... xa non conto máis, teredes que ver o seguinte vídeo no que participou un gran reparto:

NARRADOR 1: Mario Alonso Ferreira
NARRADOR 2: Eva Pérez López
PAI: Hugo Gonzalo Gosende
NAI: Marta Moreira Prieto
PINGA GRANDE: Belén Paz Martínez
PINGA MEDIANA: Lucía Alcántara Martín
PINGA PEQUENA: Dafne Troncoso Martínez
MONO: Marcelo Sabin Lomba
MORCEGO: Tomás Dorado Varela
SOL: Nubia Izarén Pereira
APUNTADORA: Aroa Cuiñas Castro





Neste día tan importante tampouco nos quixemos olvidar de Rosalía de Castro. Aquí vos deixamos un vídeo dos nenos e nenas de 1º de Educación Primaria realizado para celebrar o centenario de "Cantares Gallegos"

lunes, 13 de mayo de 2013

HOMENAXEADOS NAS LETRAS GALEGAS

Estamos no cole a conmemorar a Semana das Letras Galegas, adicada este ano a Roberto Vidal Bolaño, que culminará o xoves 16 cunha festa onde nos xuntaremos todo o cole.

Para comezar fíxose unha pequena exposición dos autores/as homenaxeados/as neste día dende o ano 1963 ata o 2013. Aquí a nosa exposición :





Tamén temos no cole unha pequena exposición sobre a vida do conmemorado Roberto Vidal Bolaño, un dos promotores do teatro profesional e activo defensor da normalización lingüística na escena galega:



Este ano continuamos aprendendo e lembrando o Himno Galego "Os Pinos", o noso himno: