Os nenos e nenas de 3 e 4 anos de Educación Infantil fomos de visita ao Museo do Mar para participar na actividade "A casa dos vellos mariñeiros".
Nesta
actividade transformámonos en pequenos mariñeiros e internámonos no
particular mundo da cultura tradicional mariñeira de Galicia. Vivimos
unha experiencia que nos permitiu coñecer e practicar distintos medios
de pesca, navegación e crenzas propias da cultura mariñeira, e, ademais,
visitamos o acuario onde descubrimos algúns dos segredos que gardan os
peixes e outros seres mariños que alí se atopan.
Todo isto ao arredor da "Lenda Dos Mariños". Sumerxídevos con nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario