Dende a Clínica Dental da Dra V. Vilar viñeron a visitarnos para falarnos sobre a saúde bucodental. Os nenos e nenas de 1º estivemos moi atentos, ensináronnos moitas cousas interesantes para aprender a coidar os nosos dentes. Ao rematar regaláronnos cepillos de dentes para todos.
miércoles, 14 de diciembre de 2016
domingo, 11 de diciembre de 2016
O Nautilius e o tesouro de Vigo
Os nenos e nenas de 5º de E. Primaria do CEIP "O Pombal" fixemos un percorrido polo Vigo histórico que visitou Jules Verne en 1878 e 1884.Dende a Fortaleza do Castro e O Monumento aos Galeóns afundidos na Batalla de Rande tentamos avistar o submarino "Nautilius"do Capitán Nemo,que seica poida estar recollendo cofres cheos de ouro e prata do tesouro de Rande.
Na Casa Galega da Cultura,antigo Concello de Vigo sito na Praza da Constitución,recibiunos o Conde Chateu-Renault que nos contou toda a historia da batalla.
Dende alí o Capitán Nemo acompañounos ata o monumento a Jules Verne nas Avenidas.
En "20000 leguas baixo os mares"nos vos perdades o capítulo "A baía de Vigo".

Etiquetas:
3º CICLO,
Actividades Complementarias,
SAÍDAS.
sábado, 3 de diciembre de 2016
REGUEIFAS
Foi unha xornada especial, divertímonos moito e o máis importante aprendemos a facer coplas cantadas, medindo os versos de xeito natural, empregando rima e ritmo.
Levamos connosco o "tara riro riro riro" que tanto se apega.
Agardamos que estes dous regueifeiros nos conviden ao festival regueifeiro que terá lugar no auditorio do Concello de Vigo o día 20 de Nadal .
Etiquetas:
3º CICLO,
Actividades Complementarias
viernes, 2 de diciembre de 2016
FESTIVAL DE CINE SUBMARINO
O certame proxectáse en sesión matinal para escolares.
O alumnado de 6º de primaria tivo a fortuna de poder asistir a un pase para ver dous curtometraxes. O choco na ensenada de S.Simón e Espello líquido.
Pasamolo Xenial...!!!!
Etiquetas:
3º CICLO,
Actividades Complementarias,
PRIMARIA SAÍDAS
viernes, 18 de noviembre de 2016
MAGOSTO 2016
A FESTA DO MAGOSTO
resultou animada e superlúdica.
Durante
a semana comezaron os preparativos elaborando as nosas creativas
caixas de aula, cestiños e cucuruchos para as castañas. Aprendemos un RAP para cantar neste día.
Este ano contamos cun xogos populares moi enxebres.
O pavillón do centro foi o campo de xogos onde o alumnado de 6º participou como colaboradores ,asesorando e axudando aos mais pequenos, tod@s gozaron pasando polos catro postos con propostas inxeniosas e que "molaban" moito.
Para finalizar, chegou a papatoria das riquísimas castañas asadas que
nos preparou o castañeiro que adoita estar polo barrio do Calvario.
FOTOS
Este ano contamos cun xogos populares moi enxebres.
O pavillón do centro foi o campo de xogos onde o alumnado de 6º participou como colaboradores ,asesorando e axudando aos mais pequenos, tod@s gozaron pasando polos catro postos con propostas inxeniosas e que "molaban" moito.
Para finalizar, chegou a papatoria das riquísimas castañas asadas que
nos preparou o castañeiro que adoita estar polo barrio do Calvario.FOTOS
Etiquetas:
Actividades Complementarias,
Magosto
VISITOUNOS NARANJO
E quen é " Naranjo" ?
Seguro que os afeccionados do Celta que acudiron ao Colexio, sabian quen foi ou xogador revelación da 2ª división a tempada pasada . Este ano fichou polo Celta e contamos que continue connosco varias tempadas.
O alumnado do centro acondicionou o ximnasio como se de unha roda de prensa tratáse, incluídos os xornalistas que lle fixeron algunhas preguntas.
Agasallamolo cuns debuxos, dos cales resultaron premiados catro, cunhas entradas para un partido do Celta en Balaídos.

martes, 15 de noviembre de 2016
PRIMEIROS AUXILIOS
O alumnado de 6º de primaria maña participará dun curso de reanimación
cardiopulmonar para nenos.
A actividade levaráse a cabo durante as dúas sesións de Educación Física e estará a cargo da Dra. Elisa M. Ausín, mamá dun alumno do noso centro, que se prestou amablemente a colaborar neste obradoiro de primeiros auxilios.

SALVEMOS VIDAS....!!!!!
Etiquetas:
3º CICLO,
Actividades Complementarias
martes, 8 de noviembre de 2016
Visita de Sabela
Hoxe, os nenos e nenas de 2º de primaria, tivemos a sorte de asistir a unha sesión de contacontos con Sabela Gago, actriz de Sarabela teatro,que entusiasmou ao público asistente coa historia das 3 galiñas que querían ser as máis fermosas do galiñeiro.
Todos participaron activamente e riron sen parar con Sabela que foi quen de facer voar a imaxinación dos cativos.
GRAZAS SABELA!!!
Todos participaron activamente e riron sen parar con Sabela que foi quen de facer voar a imaxinación dos cativos.
GRAZAS SABELA!!!
Etiquetas:
1º CICLO,
Actividades Complementarias
Suscribirse a:
Entradas (Atom)