O alumnado do Pombal participou dunha charla sobre a festa do samáin e despois puxéronse mans a obra para preparar as súas cabazas para celebrar o Samaín. Coa chegada do mes de santos celebramos esta anterga festa, é unha antiga festividade céltica
.Os celtas celebraban co Samaín o paso do ano, a fin do tempo das
colleitas e, con el do ano vello, e o comezo do inverno e, con el do
ano novo.
As creacións deste pequenos/as artístas poidemolas ver nunha exposición na peatonal do Calvario.
Menudo serán/festa se organizou onte pola tarde con xogos, concursos e chocolatada.
lunes, 30 de octubre de 2017
lunes, 23 de octubre de 2017
CHARLA - O mel de Galicia
O alumnado de 1º e 2º de primaria no día 19 de Outubro, asistiu a unha charla sobre apicultura.
Puideron observar unha colmea por dentro, os paneis e os útiles que se empregan para extraer o mel.
Houbo ocasión de ver un traxe de apicultor/a e tamén algún afortunado tivo ocasión de probar o traxe.
Como remate final desta charla Beatriz , así se chamaba a monitora, agasallounos cun bote de mel Galega e un globo.
Foi unha experiencia moi interesante. Pasámolo Xenial!!

Etiquetas:
1º CICLO,
Actividades Complementarias
miércoles, 4 de octubre de 2017
Concerto Didáctico da EMMBA (Escola de Música Moderna e Belas Artes)
O
día 27 de setembro os mestres da EMMBA
deron un concerto ao alumnado de 4º, 5º, e 6º de Educación Primaria.
Explicaron
que esta nova escola que abre as súas portas en outubro está especializada en
música moderna e novas tendencias (blues, rock, funk, jazz) con recoñecemento
oficial dentro do marco europeo EOF e cualificacións MECU (Marco Español de
Cualificacións)
Escoitamos
en directo: a batería. a guitarra
eléctrica, o saxofón o teclado, a voz. Interpretaron diversos estilos: baladas,
jazz, rock.
Os
músicos explicaron algunhas particularidades dos seus instrumentos e
interpretaron máis obras musicais.
Logo
algúns alumnos subiron ao escenario e tocaron os instrumentos.
Pasámolo moi
ben!!!
domingo, 10 de septiembre de 2017
BENVIDOS E BENVIDAS
Hoxe comezamos un novo curso!! O alumnado do Ceip O Pombal estamos dispostos a compartir xogos,
alegrías, inquedanzas, ilusións e moitas aprendizaxes.
O equipo de mestres e mestras do centro desexámovos un agradable e satisfactorio curso e poñémonos á vosa disposición para que así sexa.
O equipo de mestres e mestras do centro desexámovos un agradable e satisfactorio curso e poñémonos á vosa disposición para que así sexa.
Aínda
que de momento estamos adaptándonos e organizándonos, pregamos ás
familias que os alumnos/as vaian traendo o material aos poucos nun breve
prazo de tempo para poder comezar as clases con normalidade, así como
que estean atentas ás circulares que iremos enviando con información.
Ánimo a todos e a aprender moito!
O CLAUSTRO DO CEIP O POMBAL
domingo, 2 de julio de 2017
EXCURSIÓN - MUSEOS CORUÑA
Como ven sendo tradicional o alumnado de 6º de primaria, acompañado das
súas titoras e de mestras especialistas, realiza unha visita guiada aos
museos de Coruña
( Casa das Ciencias / Planetario, o Domus e o Aquarium Finisterrae) como viaxe-despedida do noso centro educativo.
A visita a estes tres centros permite ao alumnado descubrir e experimentar para achegarse dunha forma diferente a cuestións relacionadas coa bioloxía, a física, a tecnoloxía, as matemáticas e tantos outros temas que se abordan nas exposicións e actividades.
Resultou unha saída moi gratificante tanto para o alumnado como para o profesorado que acompañou nesta ocasión. Pasámolo Xenial...!!!!
Preme na imaxe para ver FOTOS

3º CICLO,
Actividades Complementarias
GRADUACIÓN 6º E. PRIMARIA
O alumnado de 6º de primaria na última semana de cole andivemos moi ocupados preparando a festa de fin de curso.
Por equipos decoramos o ximnasio e o escenario; organizamos a merendola; e a GRADUACIÓN SORPRESA.
Grazas ás familias pola súa colaboración; á mestra Begoña por coordinar o obradoiro de elaboración de birretes e condecoracións e ao mestre Paulino por facer as fotografías!!!
Foi unha xornada emotiva ; despediamonos da nosa escola de sempre para iniciar unha andaína nova.
ATA SEMPRE QUERIDA ESCOLA!!!
FOTOS GRADUACIÓN
(Preme na imaxe e viaxa dende 2008 ata 2017 )

domingo, 18 de junio de 2017
EXCURSIÓN AO VIXIADOR
O venres 16 de xuño o alumnado de 1º,2º,3º e 4º de primaria foron de excursión ao monte Vixiador onde pasaron un día moi caloroso e moi divertido.
Os nenos e nenas de3º e 4º realizaron unha andaina seguindo a ruta das mamoas .
Se premedes enriba da foto podedes ver máis
Etiquetas:
1º CICLO,
2º CICLO,
Actividades Complementarias,
Dinamización Lingüística
jueves, 15 de junio de 2017
ALUMNADO DE 5º VIAXA A SANTIAGO EN TREN
O alumnado de 5° de Primaria, acompañado das nosas titoras, visitamos a
cidade de Santiago de Compostela. Saimos do colexio cara á Estación de
Guixar. Ali collimos un tren que nos levaría ao noso destino. Para
moitos de nós era a primeira vez que viaxabamos en tren. Ao chegar à
estación de Santiago tomamos algo para recargar forzas.
Dirixímonos hacia a Catedral, pasando polo edificio do Parlamento Galego, a Plaza de Galicia e a Alameda. Na Catedral tivemos a sorte de poder ver o botafumeiro. Fixemos un recorrido por dentro, pero as obras de restauración non nos deixaron poder vela en todo o seu esplendor.
Despois de mercar algúns recordos, comemos resguardados da choiva debaixo dos soportais do Concello, contemplando a fermosa Praza do Obradoiro. Na Alameda compartimos xogos Voltamos a Vigo tamén en tren. As nosas familias agardábannos. Pasàmolo xenial!

Prema na foto para ver máis imaxes
Suscribirse a:
Entradas (Atom)