Na última semana do mes de abril, os alumnos de 4º A e 4º B coas mestras Carmen, María e o reporteiro gráfico Paulino visitamos a empresa Aqualia de Vigo.
Aqualia é a empresa responsable da subministración de auga ás nosas vivendas en Vigo. Tamén encárgase da depuración das augas residuais.
Aquí estamos na entrada das instalacións de Aqualia. Resulta que este depósito de auga está a 10 minutos do colexio e fixemos unha andaina ata o depósito. Algúns nenos do colexio vemos este depósito de auga dende as nosas casas.
O noso guía na visita chámase Israel e púxonos un vídeo onde nos resumiu o proceso da auga dende que chega ao depósito ata que sae para consumir nas casas. Vimos como traballan no laboratorio onde analizan a pureza da auga. E falamos de cómo aforrar a auga como pechando a billa cando nos enxaboamos ao ducharnos ou cando fregamos os dentes ao lavar a boca.
As presas de auga que envían a auga son a de Eirás e a de Zamáns. A que máis auga envíanos é a presa de Eirás. Esta presa está no municipio de Fornelos do Monte e a auga vén por un túnel de 10 km. de longo.
Os mineiros que fixeron o túnel por onde vén a auga dende a Presa de Eiras colocaron a figura da Virxe Santa Bárbara para honrala en agradecemento por non ter ningún accidente durante as escavacións. Aquí a auga cae en forma de fervenza para que a auga se osixene e deposite as areas que poida ter. Tamén se bota un pouco de cloro para que limpe a auga das impurezas.
O lugar onde está esta roda tan grande é o DECANTADOR. Aquí xa limpan un pouco a auga sacando as algas e lamas que pode traer a auga. Esta roda tan grande ten unha pa no fondo e arrastra a area e lamas para sacala da auga.
Nesta zona podemos ver tres FILTROS na superficie. Estos filtros están formados por area e a auga ao pasar a través da area vai deixando máis impurezas.
Alí ao fondo onde se ven unhas chemineas pequenas de aireación e unha caseta por onde entran as persoas é o DEPÓSITO onde está almacenada a auga totalmente limpa para distribuila por toda a cidade.
Subimos logo ao piso onde teñen un pequeno museo. No museo teñen as pedras cun número que corresponde ao lugar onde se encontraron cando fixeron a escavación do túnel de Eirás. Hai materiais que se utilizan cando se arranxan as avarías, máquinas do laboratorio...
Cando regresamos andando ao colexio parámonos no lavadoiro veciñal, lugar onde os veciños lavaban a roupa antigamente e algunha xente aínda utiliza algo para lavar a roupa máis sucia ou con area que pode atascar as lavadoras.
Encantounos esta visita porque é un lugar que está no noso barrio e só coñeciamos por fóra e agora sabemos como é por dentro e todo o traballo que se fai para coidar a auga.
No hay comentarios:
Publicar un comentario