jueves, 10 de marzo de 2016

Semana da Prensa

Esta semana estamos a celebrar a Semana da Prensa. Para iso, o alumnado está facendo diversas actividades e proxectos relacionados con ela nas diferentes materias. Somos conscientes de que só educando cidadáns críticos podemos ter unha sociedade libre e ben informada.

Así, estamos aprendendo a ler e redactar novas, a buscar información nelas, etc... Estamos tamén decorando o cole con murais e investigacións e mañá venres organizaremos o tradicional quiosco no que venderemos o Faro de Vigo a 0'60€, grazas á colaboración desta empresa que tivo a ben abaratar o seu custo para que este día as familias poidan facerse co xornal a un prezo máis módico.

Deixámosvos unha mostra do que fixemos esta semana.

Grazas a todas/os pola vosa implicación!


No hay comentarios:

Publicar un comentario