jueves, 17 de septiembre de 2015

EXPOSICIÓN PROXECTO LAVADORES: EXCURSIÓN E PREMIO ANTONIO FRAGUAS

Lembrades o Proxecto "Lavadores: pasado e presente da nosa parroquia" que fixemos o ano pasado os nenos/as de 4º, 5º e 6º de Primaria? 
O  obxectivo era dar a coñecer a orixe do antigo Concello de Lavadores e os seus elementos etnográficos máis salientables, para o que investigamos sobre o barrio, as fontes, os lavadoiros, o nome das rúas, etc. e traballamos dende todas as materias e áreas: titores/as, Música, Relixión...

Pois fixémolo tan ben que a Fundación Antonio Fraguas ofreceunos expoñelo no Museo do Pobo Galego, en Santiago de Compostela. Ademais, os rapaces de 5º e 6º xunto cos seus mestres/as irán a Compostela o día 25 deste mes para recibir o premio.


Parabéns aos rapaces e ás familias polo esforzo e polo éxito desta aventura, así como ás mestras e mestres que fixeron posible este proxecto que pon en valor o noso barrio.

Se queredes podedes ver a GALERÍA DE FOTOS da excursión e do acto oficial, no que a mestra María, coordinadora do proxecto, recolleu o premio.

miércoles, 16 de septiembre de 2015

BENVIDOS/AS AO CURSO 2015-16!

Chegou setembro e con este mes á esperada volta ao cole. Xa levamos unha semana de clases e as cousas comezan a  estar en marcha. O equipo de mestres e mestras do CEIP O Pombal desexámovos 
un bo e satisfactorio curso e poñémonos á vosa disposición para que así sexa.

Aínda que de momento estamos adaptándonos e organizándonos, pregamos ás familias que os alumnos/as vaian traendo o material aos poucos nun breve prazo de tempo para poder comezar as clases con normalidade, así como que estean atentas ás circulares que iremos enviando con información.

Ánimo a todos e a aprender moito!

O CLAUSTRO DO CEIP O POMBAL