jueves, 20 de junio de 2013

VISITA AO CASTELO DE SOBROSO

O alumnado de 6º de Educación Primaria foi visitar o Castelo de Sobroso, un castelo medieval construído entre os siglos IX e XI, situado no municipio de Mondariz.

En 1117 Doña Urraca foi cercada neste castelo polos partidarios do seu fillo, co que estaba afrontada, pero conseguiu escapar e volver a Santiago de Compostela como se relata na Historia Compostelana.
Foi practicamente destruído en 1467 durante as Guerras Irmandiñas e posteriormente reconstruido no siglo XV por Pedro Madruga.

O Concello de Ponteareas comprouno en 1981 aos seus herdeiros para rematar de restauralo e crear nel un museo histórico e etnográfico da comarca do Condado.

Actualmente é a sede do Centro de Recuperación e Difusión da Cultura Popular do municipio de Ponteareas no que dende o ano 1998 manteñen varias exposicións. Nós tivemos a sorte de ver a titulada "Dos pés á cabeza".


jueves, 13 de junio de 2013

III FEIRA DO LIBRO DE OCASIÓN

O día 31 de maio tivo lugar no noso colexio a III Feira do Libro de Ocasión.

Ao longo da mañá e comezando por Educación Infantil, o alumnado de todo o centro puido mercar os libros que estaban expostos nas distintas mesas (13 en total). 

Os prezos dos libros, para poder mercalos, variaban dunhas mesas ás outras (3, 5, 7 e 10 €pombais).

O alumnado ao longo de todo o curso colaborou nas distintas propostas da Biblioteca (eu leo, eu colaboro, eu investigo) e a cambio obtivo €pombais segundo o número de Selos Castelao conseguidos.

O alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participou vendendo os libros, previamente expurgados, distribuidos por ciclos e selados, aos seus compañeiros.

No ano 2007 celebramos a I Feira e vendéronse 1030 libros, no 2010 na II Feira 1200 e nesta III Feira 906 libros.


LINDA Á ESPREITA EN EDUCACIÓN INFANTIL

Os nenos e nenas de Educación Infantil tivemos a sorte de disfrutar do contacontos "Linda á espreita" con Iago López.

Linda é unha vaca diferente ás demais. Cada mañá, mentres a muxían, a vaca Linda estaba nerviosa e impaciente de cara ao exterior da granxa. Porque había algo que a Linda lle gusta máis que nada no mundo. O seu maior pracer consistía en metelo un susto ao carteiro e botalo da granxa. Cada día, Linda escóndese e un sitio distinto e sempre conseguía o seu obxectivo, ata que o pobre carteiro remataba alporizado e incapaz de seguir co seu traballo. Non obstante, encontrará alguén preto que o axudará.

Algúns dos grandes momentos compartidos na sesión:



miércoles, 12 de junio de 2013

O MAGO NOEL NO COLE

O alumnado de Educación Infantil recibiu a visita do Mago Noel, que fixo un trucos incribles!!

Aquí vos deixamos fotos dalgúns momentos. Quedamos sen palabras!!!


A PATRULLA VERDE

Comeza o último trimestre deste curso escolar e a Patrulla Verde do Pombal segue a vixiar que o noso patio quede limpo e ensinarlles aos nenos e nenas a aprender a separar os residuos.
































































































MOITAS GRAZAS A TODOS E TODAS POLA VOSA LABOR E COLABORACIÓN!!!!

sábado, 8 de junio de 2013

SAÍDA A APÍPOLIS

O día 9 de maio os nenos e nenas de 5 anos de Educación Infantil visitamos APÍPOLIS, un Centro para a Comprensión das relacións existentes entre os seres humanos e as abellas, demostrando así a importancia que teñen para nós e o medio que nos arrodea.

Primeiro tivemos unha charla - presentación onde nos introducimos na apaixonante vida das abellas, na importancia que teñen para todos nós polo seu papel no medio e na nosa alimentación, nos distintos produtos que nos dan e se lles explica, tamén, en que consiste a exposición e como hai que realizala para sacarlle o maior proveito posible.

Despois visitamos o apiario onde o apicultor abriunos unha colmea e, sen risco ningún porque iamos protexidos cos traxes, explicounos, en vivo, como se desenvolve a vida da colmea.

Por último, fixemos unha degustación de distintos meles da zona, pole, galletas de mel, chocolate con mel, pan mariñeiro con requeixo e mel, caramelos...

Aquí vos deixamos un vídeo cos grandes momentos vividos:



POMPIÑAS DE XABÓN

Os nenos e nenas de 3 anos realizan unha actividade de soplo facendo pompiñas de xabón.

Que ben o pasaron!!


DÍA DO LIBRO

O 23 de abril conmemoramos ou Día do Libro e ou Aniversario dá morte de Miguel de Cervantes e William Shakespeare.

Como levamos facendo estes anos, os maiores do cole convertéronse en Padriños Lectores dos máis cativos. Non foi tarefa sinxela, senón que unha vez que cada un tiña asignados os seus afillados fóronnos visitar, coñecer os seus gustos para escoller o conto que lles ían ler, preparar a lectura... 
Durante á hora de ler, os padriños foron recollendo aos seus afillados e buscando un sito máxico no patio para contarlle as súas historias. 

Esta experiencia educativa non deixa de sorprender tanto aos nenos coma aos mestres. Aquí vos deixamos algunhas imaxes deste magnífico momento:


viernes, 7 de junio de 2013

CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE

O alumnado de 4 anos disfrutou da segunda actividade do Concello de Vigo sobre a igualdade entre homes e mulleres. Aprenderon como se poden compartir as tarefas do fogar e colaborar eles cos seus pais nestas tarefas.

¡¡¡ Mirade que ben o pasaron!!!



ACTIVIDADE DE RELAXACIÓN

Unha nova actividade para o noso alumnado de infantil. Eiquí podedes ver ao alumnado de 4 anos A facendo un exercico de ATENCIÓN e RELAXACIÓN a partir de conto "LA TIERRA DEL ARCOIRIS FELIZ". Os nosos nenos e nenas estiveron aprendendo a falar baixiño, a facer as cousas con tranquilidade e a ser capaces de relaxarse, bueno algúns intentárono.



jueves, 6 de junio de 2013

NOTA NO BLOG DE MANUEL BRAGADO RODRÍGUEZ

O martes 4 tivemos o honor de recibir no cole a Don Manuel Bragado Rodríguez que compartiu cos máis cativos do cole o conto de "Doña Carme".

Pero sen dúbida, a nosa grata sorpresa son as palabras que nos adica no seu blogue e das cales lle damos o noso máis sincero agradecemento.

"Ás nove da mañán fun contar Dona Carme ao alumnado de tres anos do Colexio Pombal do Calvario. Como acontece decote a experiencia foime gratificante, mais tamén saudosa. É unha marabilla comprobar que tras máis de vinte anos, Dona Carme continúa engaiolando aos picariños e picariñas pola eficacia do seu mecanismo acumulativo (roubado á tradición oral popular), que permite a conquista da súa memorización e promove a súa participación interpretando as voces de cada un dos animais. Nestas sesións con Dona Carme sempre atopo sorpresas. No Pombal descubríronme as posibilidades de aproveitamento matemático do texto, tanto para a aprendizaxe da numeración coma para sumar e restar. Quedei abraiado da facilidade coa que utilizaban este procedemento. Despois da proxección da peza que prepararon, a narración de Xoán e Hugo, despois de contarmos e cantarmos ben contados e cantados, asinei varias ducias de exemplares. Fíxeno coa atención e agarimo que merecía semellante oportunidade. Non podo evitar a emoción ao lembrala e agora ao escribilo. Para as crianzas do Pombal foi o seu primeiro libro, o seu primeiro tesouro atopado. Saín para a oficina máis feliz ca un cuco."