jueves, 25 de febrero de 2016

HOMENAXE A ROSALIA DE CASTRO

O mércores 24 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía de Castro. O noso alumnado participou nun acto organizado polo Concello de Vigo no Mercado do Calvario. Limos poesías que previamente traballáramos na clase da nosa poetisa por excelencia, e o Alcalde animou aos rapaces a empregar o galego na súa vida diaria.

Velaquí uns recortes da prensa que recollen o acto e un vídeo do mesmo.









jueves, 18 de febrero de 2016

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

No mes de marzo comeza o proceso de admisións para o vindeiro curso 2016-17. Para aquelas familias interesadas en coñecer o noso cole organizamos unhas sesións de portas abertas ás que estades convidadas. 
Non é necesario reservar, escollede a data que mellor vos veña e achegádevos a coñecer O Pombal!



Preme na imaxe para ir á web do cole

sábado, 6 de febrero de 2016

TEMPO DE ENTROIDO


 Iniciamos este mes de febreiro coa festa máis esperada do ano;  O ENTROIDO!!!!! despois de seguir as ordes do Meco durante toda a semana,por fin chegou o venres  o día esperado , este ano tivemos untempo fantástico, e  a Comunidade Educativa participou das comparsas e recorrido polas rúas do Calvario.

Todo o alumnado do colexio foi disfrazado con motivos relacionados coa  "ciencia":


  • Educación Infantil: "Os cohetes do Pombal,misión espacial"
  • 1º e  2º de Primaria: "Núcleos"
  • 3º e 4º de Primaria: "Os  inventores tolos"
  • 5º e 6º de Primaria: "Einstein. Toleamos coa ciencia"
                                 






martes, 2 de febrero de 2016

Día da Paz

Un ano máis, o Pombal sumouse á celebración do Día da Paz e da Non Violencia. Este ano cantamos a canción "Dame vida", de Huecco, e cada ciclo despregou dende a fachada do cole unha pancarta con lemas e motivos alusivos á paz. 
Para rematar, soltamos globos con mensaxes e desexos, confiando en que estes nenos cheguen a ser adultos que rexeiten calquera forma de violencia e que a única loita que leven a cabo sexa pola paz e a convivencia nun mundo máis humano.

¡Grazas a todos e todas por participar!