jueves, 22 de febrero de 2018




 
Neste 2º trimestre  presentóuselle ao alumnado o material có que poderán xogar nos patios de recreo. Esta é unha iniciativa  que xorde da necesidade de potenciar e impulsar diferentes xogos na hora de recreo.

         O obxectivo principal é considerar o patio coma un espazo máis de aprendizaxe,  deste xeito todo o alumnado ten a mesma oportunidade de gozar de todo o patio e de xogar a unha  gran variedade de xogos/actividades que sastifagan  á diversidade existente. 

Por outra banda intentase fomentar no centro educativo os valores, as actitudes e as prácticas que permitan avanzar no respecto á diversidade e a igualdade de oportunidades.

 Resulta necesario establecer actividades lúdicas có fin de contribuír á adquisición de habilidades e competencias sociais e persoais que fomenten o desenvolvemento equilibrado social e cívico e garantan a igualdade entre homes e mulleres.
           
        Dende o centro cremos que o  xogo debe ser libre para calquera neno/a, non imposto, aínda que apostamos por ofertar material e ensinarlles a xogar con xogos tradicionais como cancións de corda ou a mariola, ademais de estar preservando as tradicións tamén estaremos potenciando a actividade no noso alumnado, tanto dentro e fora do centro, xa que lles estaremos a dar ferramentas para que eles as apliquen no seu tempo de lecer. 

miércoles, 14 de febrero de 2018

Entroido 2018

Xá chegou o Entroido e con el a trouleada , vaia semana levamos, que si imos de romanos, poñemos  unha froita na cachola, enormes corazóns..... é unha tolería;  máis  o mellor chegou o día 9 de febreiro co tradicional desfile polo paseo do Calvario.
Como cada ano, disfrazamonos tendo en conta a PDI da biblioteca, nesta ocasión o lema é:                             "No Pombal as Marabillas do mundo coñecerás"
Fantástico, vaia marabillas !!!! Realmente sorprendemos a todas as familias e viandantes que pola rúa peatonal nos acompañaron . Foi un desfile cheo de contrastes e cor . Reflexaba o traballo e dedicación de alumnado, profesorado e a colaboración de moitas familias.
Agradecemos a implicación e axuda das familias do ANPA a cooperación de protección civil e como non o acompañamento da animada e sempre colaboradora BARAFUNDA. 

                     ( Grazas Lolo por este agasallo que deleitou a pequenos e maiores)

viernes, 9 de febrero de 2018

Illas atlánticas. Premios curso 16-17. 5º Primaria y exalumnos 1º E.S.O.

Na sede do Parque Nacional  das Illas Atlánticas están expostos os traballos premiados do curso pasado dos nenos e nenas que cursaron 4º de primaria e 6º de primaria no curso 16-17.