domingo, 1 de marzo de 2020

Charla/Obradoiro Cestería

O alumnado de 5º de Educación Primaria, o día 28 de febrero, participou  dunha charla/obradoiro sobre cestearía, impartida por  Montse e Mª Jesús, dúas profesionais desta temática tradicional.
Poidemos aprender sobre os distintos materiais que se empregan para a súa elaboración, a variedade de cestos e además coñecemos o seus diversos usos.
Agradecemos a Montse e a Mª Jesús a súa charla e a información que nos ofreceron sobre os obradoiros que imparten en Rivera Atienza.



viernes, 7 de febrero de 2020

3ª CARREIRA SOLIDARIA

Este ano, para conmemorar o Día da Paz, celebramos a 3ª edición da Carreira Quilómetros de Solidaridade do CEIP Plurilingüe O Pombal en colaboración con DISCAMINO.
Esta asociación xurde en Vigo no ano 2009 para unir discapacidade e Camiño de Santiago, e así axudar a persoas con problemas de mobilidade a cumplir o seu soño de peregrinar a Santiago.
Este ano as familias tamén foron invitadas a participar connosco.
Ao tratarse dunha carreira solidaria a vitoria foi de tódolos  participantes e colaboradores.



CHARLA POLICÍA NACIONAL: "RISCOS DE INTERNET E AS REDES SOCIAIS"

Hoxe pola mañá, membros da comisaría da Policía Nacional de Vigo, trasladaronse ao colexio para ofrecer aos alumnos de 5º e 6º de Primaria, una charla informativa sobre aspectos relacionados coa seguridade dixital.Con esta actividade pretendemos axudar ao noso alumnado a comprender cómo funcionan as redes sociais e as novas tecnoloxgías, co obxetivo de que aprendan a identificar perigos, denuncien situaciones de cyberbulling, grooming ou sexting, identifiquen contidos inadecuados e utilicen a rede de forma segura e adecuada.
Pinchando na imaxen atoparedes un tríptico con consellos para evitar o ciberacoso e o mal uso de internet.

Pola tarde a charla foi para as familias.

jueves, 6 de febrero de 2020

DIA DA PAZ

O pasado día 30 de xaneiro con motivo do Día da Paz no noso centro organizamos, en colaboración co ANPA, unha chocolatada.

Para saborear o delicioso chocolate,  cada un de nós trouxo da casa unha taza . Continuando así con o noso empeño de protexer e coidar o planeta.

Tres alumnos do centro , Xavier, Mateo e Nicolás interpretaron varias cancións de temática  relacionada con este día . Foi un pracer contar coa súa colaboración e un luxo poder escoitar a estas futuras promesas.

 
   Agradecemos a colaboración  do ANPA do centro e a das familias destes fantásticos músicos. Asi como, tamén, damos as grazas á mestra Teresa por ensaiar e coordinar a actividade musical e non podemos esquecer dar as grazas ao profe de Mayeusis por asistir a este concerto.

 O alumnado participou con entusiasmo desta celebación !!

jueves, 30 de enero de 2020

TEATRO PARA ESCOLARES

 O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria hoxe participou dunha versión actualizada de Alicia de Lewis Carroll no auditorio de Teatro Afundación. A obra se titulaba Unboxing  Alice  representada por Onstage Company. Esta representación se articula na participación dos espectadores.

Pasado moito tempo Alicia visitará Wonderland por última vez. Chegou o momento de actualizarse! Tweedle Dee e Twee Dum sóbense  ao carro dos youtubers e serán os encargados de nos guiar por unha viaxe para desvelarnos a verdadeira natureza de Alice!

Foi un espectáculo no que o participaron moitos nenos e nenas. Tres alumnos do noso cole participaron activamente: Bryan, Javier e Tony.


viernes, 17 de enero de 2020

VISITA DO DINOSETO AO COLEXIO


A rapazada de 1º,2º e 3º de Primaria  participou na campaña de  ‘Vigo Recicla’.
A finalidade da campaña é iniciar ás nenas e nenos na responsabilidade do coidado e da limpeza da cidade dunha forma divertida e didáctica.
Tamén se procura que a rapazada se conciencie cada vez máis da importancia da correcta separación dos distintos residuos e materiais para a conservación e protección do medio ambiente.
 As dúas mascotas, o  Dinoseto e Dinosetiño  realizaron unha representación teatral coa finalidade de que todos aprenderan a importancia da triple R: 
Reducir residuos 
                         Reutilizar envases 
                                                     Reciclar o lixo.

Prema no video e poderás lembrar a actividade.