Como xa ven sendo tradicional, o último día de cole , o alumnado e profesorado celebramos fin de ano. Este ano cantamos panxoliña e recibimos o aguinaldo; despois as badaladas en directo con presentadores especiais Laura e Javier, música disco, fotógrafos profesionais.....é unha festa sorprendente con moita ilusión e alegría. Por cada badalada un lacasito ou gusanito.... Que ricoooo!!!!
lunes, 23 de diciembre de 2019
NADAL 2019
Como xa ven sendo tradicional, o último día de cole , o alumnado e profesorado celebramos fin de ano. Este ano cantamos panxoliña e recibimos o aguinaldo; despois as badaladas en directo con presentadores especiais Laura e Javier, música disco, fotógrafos profesionais.....é unha festa sorprendente con moita ilusión e alegría. Por cada badalada un lacasito ou gusanito.... Que ricoooo!!!!
Etiquetas:
1º CICLO,
2º CICLO,
3º CICLO,
E.Infantil,
Nadal
domingo, 22 de diciembre de 2019
jueves, 21 de noviembre de 2019
70 ANIVERSARIO
O CEIP Plurilingüe O Pombal , hoxe 22 de novembro está de aniversario , cumpre 70 anos, imos celebralo con diversos actos festivos e culturais.
Ao evento está invitada a comunidade educativa, así como tamén diversas autoridades ( Alcalde, Xefe Territorial de Educación, Inspección Educativa....) , antigos alumnos/as e mestres/as xubilados.
Haberá diversos actos pola mañan cos nenos/as e as familias, amenizados polos Gaiteiros de Pardavila, Barafunda Animación e outras sorpresas.
Pola tarde será o acto de carácter mais institucional coa presenza das autoridades : discurso de benvida, charla sobre a arquitectura do colexio, vivenzas e lembranzas dos ex-alumnos/as , exposición fotográfica e de obxectos antigos nos corredores do centro... ademais da actuación do Grupo de Música Tradicional O Fiadeiro.
A destacar a visita nesa data festiva de tres persoeiros da cultura galega : o poeta Antonio García Teijeiro, a escritora Ledicia Costas e o pintor Raúl Velloso, que apadriñarán tres aulas do noso centro.

ACTIVIDADES
martes, 12 de noviembre de 2019
MAGOSTO 2019
A FESTA DO MAGOSTO resultou animada e superlúdica. Durante a semana comezaron os preparativos, elaborando as nosas creativas caixas de aula e cestiños para as castañas. Aprendemos unha canción para este día.
Novamente contamos con xogos que tan amablemente nos presta a asociación de xogos tradicionais e o concello do Grove. E este ano tamén estreamos os nosos propios xogos.
O alumnado de E.Infantil gozou da xornada de xogos na súa zona. Elaboraron uns fantásticos cestiños para as súas castañas.
O alumnado de 6º participou como colaboradores ,asesorando e axudando aos mais pequenos. Todos/as gozaron pasando polos postos con propostas inxeniosas e que "molaban" moito.
Para finalizar, chegou a papatoria das riquísimas castañas asadas que nos preparou o castañeiro que adoita estar polo barrio do Calvario.
PASÁMOLO XENIAL!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)