viernes, 18 de noviembre de 2016

MAGOSTO 2016

A FESTA DO MAGOSTO resultou  animada e superlúdica.  Durante a  semana comezaron  os preparativos  elaborando as nosas creativas caixas de aula, cestiños e cucuruchos  para as castañas. Aprendemos un RAP para cantar neste día.


https://www.youtube.com/watch?v=oEo74iZhFuE&feature=youtu.be

 Este ano contamos cun xogos populares moi enxebres.

 O pavillón do centro foi o campo de xogos onde o alumnado de 6º participou como colaboradores ,asesorando e axudando aos mais pequenos, tod@s gozaron pasando polos catro postos con propostas inxeniosas e que "molaban" moito.
Para finalizar, chegou a papatoria das riquísimas castañas asadas que nos preparou o castañeiro que adoita estar polo barrio do Calvario.

                   FOTOS               

VISITOUNOS NARANJO

E quen é " Naranjo" ?

Seguro que os afeccionados do Celta que acudiron ao Colexio, sabian quen foi ou xogador revelación da 2ª división a tempada pasada . Este ano fichou polo Celta e contamos que continue connosco varias tempadas.


O alumnado do centro acondicionou o ximnasio como se de unha roda de prensa tratáse, incluídos os xornalistas que lle fixeron algunhas preguntas.
 


Agasallamolo cuns debuxos, dos cales resultaron premiados catro, cunhas entradas para un partido do Celta en Balaídos.




FOTOS   

martes, 15 de noviembre de 2016

PRIMEIROS AUXILIOS

O alumnado de 6º de primaria maña participará dun curso de reanimación cardiopulmonar para nenos.
A actividade levaráse a cabo durante as dúas sesións de Educación Física e estará a cargo da Dra. Elisa M. Ausín, mamá dun alumno do noso centro, que se prestou amablemente a colaborar neste obradoiro de primeiros auxilios.

 
 SALVEMOS  VIDAS....!!!!! 

martes, 8 de noviembre de 2016

Visita de Sabela

Hoxe, os nenos e nenas de 2º de primaria, tivemos a sorte de asistir a unha sesión de contacontos con Sabela Gago, actriz de Sarabela teatro,que entusiasmou ao público asistente coa historia das 3 galiñas que querían ser as máis fermosas do galiñeiro.
Todos participaron activamente e riron sen parar con Sabela que foi quen de facer voar a imaxinación dos cativos.
GRAZAS SABELA!!!



miércoles, 2 de noviembre de 2016

FESTA DO SAMAÍN 2016

Chegando estes días de Samaín/Halloween, o alumando do Pombal  baleiramos cabazas para facer unha exposición nas diferentes entradas. Decoramos con caveiras, morcegos, pantasmas.... E os maiores andivemos polas aulas cantando e recitando adiviñas...

 
Tamén degustamos merendas terroríficas