viernes, 31 de marzo de 2017

Reconquista de Vigo

O alumnado de 4º de primaria participou nunha actividade sobre a Reconquistiña
Elaboraron os seus instrumentos . Aqui vedes como se preparan.



A reconquistiña saíu xenial. Tanto os que ían vestidos de vigueses e viguesas como de franceses estaban moi guapos.
Despois de percorrer as rúas do Casco Vello,estiveron en Príncipe cantando e tocando os tambores. Remataron o día cunha gran chocolatada e festa e baile co home orquestra.
Foi un día moi interesante e divertido, 
Queremos dar as grazas a asociación do casco vello de Vigo por esta iniciativa tan boa.Parabens e por moitos anos.







 Pablo Faro Ballesteros de 4ºA inventou un poema sobre a Reconquista e quere compartilo connosco.
                                                  Está xenial!!!!


LA RECONQUISTA

Ayer fue el día de la Reconquista,

Se cumple ya, 208 años de su expulsión,                                          donde los franceses venían con mucha ilusión.                                                                                                        
Al mando de su tropa estaba Napoleón,                                                                                           pero no sabían que en Vigo había gente a montón.

Los vigueses lucharon como auténticos leones                                  y los franceses corrían como ratones.

Al final esta ciudad ganó su independencia                                      por su gran sabiduría y mucha inteligencia.

Por ello quedó como ciudad  luchadora                              
porque antes los franceses quedó como vencedora.

Y nunca nos olvidemos nuestro esfuerzo y dedicación                       para contárselo siempre a nuestra generación. 








miércoles, 29 de marzo de 2017

PAXARO AMIGO



No escenario tres músicos e dous actores desenvolven unha historia que se inicia coa chegada dun ornitólogo que anda en busca dun paxaro, perdido, en extinción… e que prefire a compañía dos paxaros á da xente, porque como di: “A xente só sabe facer guerras”. Unha personaxe misteriosa faralle ver a través das cancións que a xente podemos facer moitas cousas para aprender a vivir en paz, “porque a paz está en cada un de nós. Non está nin nas árbores, nin no mar, nin nas montañas, nin no ceo,…, está dentro de cada un. E coa axuda de todos e de todas podemos facer que chegue a calquera lugar da terra”.

Esta historia baséase no libro-cd A bruxa Discordia. Cancións para a paz (editorial Galaxia 2016) de Carmen Gil e o grupo Mamá Cabra.

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d103968652k8332724o1l1/paxaro-amigo

                                               (Preme na imaxe para ver as fotos)
Os nosos alumnos de 1º e 2º de Educación Primaria asistiron o 8 de de marzo, ó concerto-teatro PAXARO AMIGO.Desfrutaron moito cantando e participando cos músicos e os actores.


lunes, 27 de marzo de 2017

HISTORIA DO VIOLÍN TROMPETA.

Dentro da programación para Escolares Afundación, chega a vigo a marabillosa historia do violín trompeta, de Fetén Fetén. Un percorrido por diferentes culturas, ritmos, timbres e sonoridades da música popular europea do s. XX para 5º e 6º de Primaria.
O alumnado do Pombal participou dunha viaxe a través dos diferentes ritmos e melodías da música de baile do noso país. Con imaxinación e creatividade converteremos ao violín nunha gaivota ou unha vaca! e escoitaremos a brisa mariña desde o fol do acordeón. Poderemos deixarnos levar polo misterioso e doce son do serrucho mentres escoitamos o Ave María de Schubert, ou violín trompeta rumorea un foxtrot ou un vals melancólico.
Disfrutamos inmensamente con esta actividade, favoreceu a participación e convidounos ao desenvolvemento da creatividade e imaxinación. BRAVOOOO!!!

http://www.kizoa.es/Editar-Videos-Movie-Maker/d103566607k5861845o1l1/a-marabillosa-historia-do-violn-trompeta
                                           ( Preme na imaxe para ver as fotos da actuación)



viernes, 24 de marzo de 2017

SEMANA DA POESÍA

O martes 21 de marzo celebramos o día mundial da Poesía, por iso esta semana  imos  ler e escribir poesía.

Todos os días na entrada do colexio hai cestas con diferentes poesías en galego,castelán e inglés que leremos e utilizaremos para buscar diferntes recursos literarios.

Hoxe o alumnado colaborador da Biblioteca dedicou a hora de ler a recitar poemas en todas as clases do noso centro.

Estade atentos/as moi pronto teremos as fotos e os nosos poemas

lunes, 20 de marzo de 2017

Charlas medio- ambiente






"O MONTE VIVO"


UN PROGRAMA DE DIVULGACIÓN EDUCATIVA PARA A VALORIZACIÓN DO MONTE E A PREVENCIÓN E DEFENSA DOS INCENDIOS FORESTAIS


O alumnado de 5º e 6º curso de educación primaria asistiu a unhas charlas impartidas por persoal especializado, co fin de impulsar unha participación activa e responsable dos escolares na protección do medio ambiente natural fronte aos incendios forestais e darlles a coñecer a importancia da función produtiva, ambiental e social do monte, fomentando así o seu respecto pola natureza.





miércoles, 15 de marzo de 2017

SEMANA DA PRENSA

Durante a semana da prensa, nas aulas do Pombal, deixamos os libros e conquistamos os xornais.


  Pescudamos sobre a súa estructura, analizamos a cabeceira, o contido ,o  tipo de noticia, facemonos preguntas, buscamos clases de palabras  ....

                             
Esta semana tivemos o noso quiosco  de compra e venda de Faro de Vigo.


https://photos.google.com/album/AF1QipMiVGZf5rY2Uf-n0OSn4J71QNfci6MB0aCM6MRU 

lunes, 13 de marzo de 2017

Seguridad Vidal

O alumnado de 6º de primaria  participou dun obradoiro sobre seguridade vial , resultou  do seu agrado pola proposta innovadora de desprazarse en bicicleta para evitar o cambio climático.
Tras unha chuvia de ideas sobre os pros e contras de ir en bici, o alumando chegou á conclusión que debemos facer algo para protexer o noso planeta.


Obradoiro de Igualdade de xénero

"CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE” é un proxecto que se enmarca no IV Plan Integral de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes .
Este  programa educativo elaborado e implementado dende a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, vai dirixido ao alumnado de Educación Infantil e 2º,4º e 6º de Primaria.
A finalidade do programa é fomentar a educación na cultura de igualdade de oportunidades entre nenas e nenos desde a comunidade educativa para promover a coeducación e previr a violencia de xénero. 



https://photos.google.com/album/AF1QipPqv_lFOOxvsq5J61HmwCBgzz66X6BW6bJa0-LY

Concerto didáctico “MIGRASóNS”

O alumnado de 6º de primaria disfrutou dun concerto no auditorio do concello de Vigo interpretado polo profesorado da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional,  co obxectivo de sensibilizar ao alumnado ante o proceso de mestizaxe musical, valorar a riqueza das diferenzas culturais, recoñecer as similitudes entre a nosa música e as músicas migradas e adquirir un coñecemento básico sobre cada un dos instrumentos que se poden estudar na Escola Municipal de Música Folk e Tradicional  (ETRAD).
            Desfrutamos e participamos cantando: A saia de Carolina,  A Rianxeira, A Pita Podeira
Escoitamos en directo e recoñecemos moitos dos instrumentos tradicionais: zanfona, arpa celta, violín, acordeón, bouzoqui, contrabaixo, tamboril,..

martes, 7 de marzo de 2017

8 de Marzo día da muller traballadora



Que vos parece este cartel tan orixinal!!!

A mín  encantoume e por iso o quero compartir con  vos.

Atopei unha páxina en Pinterest moi interesante sobre a coeducación e gustaríame compartila con todo o alumnado  e as súas familias.

Se premas enriba teredes información sobre contos non sexistas,videos  e actividades link
               Animádevos a investigar!