miércoles, 27 de abril de 2016

CEIP O POMBAL PADRIÑOS LECTORES

Como tódolos anos, o noso alumnado celebrou o día Internacional do Libro apadriñando a un compañeiro/a máis cativo.
Parafraseando a Pedro Feijoo:
PARA TODOS HAI UN LIBRO.OU DEZ.OU MIL. OUTRA COSA É QUE ESTEAMOS DISPOSTOS A ABRILOS.
                                    QUE ME DECIDES,VALENTES,ATREVÉDESVOS?

lunes, 25 de abril de 2016

CONCERTO DIDÁCTICO DA E-TRAD



CONCERTO DIDÁCTICO COA E-TRAD

O alumnado de sexto asistiu  ao concerto "Tocar é sentir" a cargo da Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (E-TRAD) dentro do programa Música na Escola, co obxectivo de familiarizar ao alumnado coa música tradicional e a súa instrumentación.


            Desfrutamos moito!! No auditorio municipal,  escoitamos a zanfona, o violín, a arpa celta, a pandeireta  e a gaita.

Saíron ao escenario algúns alumnos do noso centro e tamén doutros colexios, e tocaron, coa axuda e asesoramento dos mestres da ETRAD,  instrumentos tradicionais galegos.

Rematamos cantando A pita podeira. .
Desfrutamos moito. Parabéns a ETRAD!!

viernes, 22 de abril de 2016

CONCERTO DIDÁCTICO NO CSM VIGO




 CONCERTO DIDÁCTICO NO CSM VIGO

O 5 de abril os alumnos de 6º de E.P. asistiron a un CONCERTO DIDÁCTICO , interpretado pola Banda de Música Sinfónica do CSM  Vigo ( Conservatorio Superior de Música de Vigo), no  seu auditorio Martín Codax.

 

         Neste concerto explicaron a importancia da música incidental, sobre todo nas películas e na publicidade. Vimos imaxes de películas e videoxogos mentres escoitabamos a música en directo da Banda de Música Sinfónica do CSM  Vigo
         Algúns alumnos leron unha historia e a Banda ambientaba coa música.

             

 
Dende aquí a nosa felicitación ao CSM Vigo


         Da Suite Peer Gynt interpretaron diversas pezas, entre elas: O amencer  e Na gruta do rei da montaña, ...
         Dentro das actividades a realizar no centro, previo ao concerto didáctico, era a creación por parte do alumnado dun cómic, baseado nun destes temas da Suite Peer Gynt: O amencer, Na gruta do rei da montaña, O retorno de Peer Gynt.
         As alumnas Candela Estévez García  e Malena Lorenzo Diz realizaron este cómics que logo proxectaron no salón do auditorio, mentres escoitabamos a música. Aquí podedes ver a boa calidade dos seus traballos. 





         A alumna Esmeralda Campos Fernández, despois do concerto, fixo a súa versión do comic de Peer Gynt.



    













jueves, 14 de abril de 2016

EDUCACIÓN VIARIA PARA 5º

Os nenos de 5ºA tivemos unha actividade de educación viaria. Un policía visitou o centro e contounos en que consiste o seu traballo e que podemos facer nós para movernos máis seguros pola cidade. Foi unha experiencia moi interesante!








martes, 12 de abril de 2016

5º VAI A UN MUSICAL

Os de 5º de primaria fomos  a un musical  de Afundación  titulado Estamos no verán. Os nenos pasárono moi ben porque era moi participativo. Cantaron, bailaron e incluso saíron ao escenario! As fotos non teñen moita calidade pero vese que ben o pasaron.











viernes, 8 de abril de 2016

O HORTO DO POMBAL BOTA A ANDAR!

Pois si! Unha vez feitas as inscricións e distribuído o alumnado nos tres días que dedicaremos ás tarefas do horto (luns, mércores e venres), comezamos a poñer en marcha este proxecto escolar. Facémolo cun mes de atraso respecto ao inicialmente previsto, pois o mal tempo de marzo non o permitiu antes. Ante as numerosas inscricións recibidas, decidimos dar prioridade aos rapaces de 6º (que deixarán o cole este curso, polo que o resto terán máis anos para tomar parte) e aos que tiveran todas as materias aprobadas e bo comportamento.

Antes de sementar e plantar, estamos preparando a terra. Para iso, primeiramente temos que cavar e sacar as pedras e outros obxectos que imos atopando, sempre respectando aos vermes que aparecen e que son os nosos aliados para ter unha terra rica e produtiva. Trataremos de limpala e aireala ben antes de plantar, que será a segunda fase. Despois coidaremos e regaremos o plantado, vixiando que as malas herbas e os paxaros non os estropeen para poder degustar dunha ensalada caseira a final de curso!

Hai que salientar as condicións especiais que reúne o noso horto: non usamos produtos químicos, empregamos o compost que estamos a facer cos restos de comida e falamos en galego!

Seguiremos informando dos avances, que con certeza serán moitos. Podedes ver algunhas fotos nesta presentación. Se dá erro, preme AQUÍ.