miércoles, 30 de enero de 2013

A FLOR DA PAZ

Traballando en equipo, os nenos e nenas de primeiro A elaboraron unha fermosa historia titulada "A FLOR DA PAZ". 

Só tendes que ver o seguinte vídeo para poder disfrutar dela. Estes nen@s son uns verdadeiros artistas!!!

viernes, 25 de enero de 2013

AITOR PONCETE: LA PAZ

Aos nenos e nenas de primeiro xa nos parecía raro que Aitor Poncete non precisara da nosa axuda para resolver algún misterio!!!! 

O primeiro caso deste novo ano foi para axudar a mestra Teresa a recuperar os nomes dos alumnos na secretaría, xa que desapareceron de forma misteriosa.

Resolver este caso foi un pouco perigoso, xa que tivemos que descifrar uns nomes secretos. Tan agochados estaban que necesitamos dun chisqueiro para facer que as palabras se viran. Menos mal que tiñamos a axuda das mestras Merce e Inés que non permitiron que nada malo ocorrese.

Que sorpresa, cando ao xuntar eses nomes saiu a seguinte mensaxe: "AQUÍ TODOS SOMOS AMIGOS". Aitor Poncete mandounos o seu desexo de Paz!!!!

Queredes ver como foi todo???? Pois dádelle o play.


lunes, 21 de enero de 2013

CANCIÓN DO DÍA DA PAZ

Achégase a celebración do Día da Paz e como sabedes este ano cantaremos unha canción de Macaco titulada "Mensajes del agua".

Aquí vos deixamos un vídeo para que a practiquedes.

jueves, 17 de enero de 2013

FESTIVAL DE NADAL

Aquí vos deixamos un pequeno agasallo para que lembredes a actuación do alumnado de Infantil,de primaria e das súas mestras e mestre neste curso.
 
É un pequeno vídeo das actuacións destes grandes artistas e un montaxe coas fotos do festival de Nadal.

Esperamos que vos guste!! 

Os mestres e mestras dan a súa noraboa aos artistas.







miércoles, 16 de enero de 2013

CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE

Tivemos unha visita moi especial da sección de Igualdade do Concello de Vigo dentro do seu programa "CAMIÑA CON NÓS POLA IGUALDADE"
Eiquí temos ao alumnado de 4 anos aprendendo a facer as tarefas da casa tanto nenos coma nenas. Prometemos que todos imos a colaborar na casa con papá e mamá para que as tarefas sexan máis doadas.




lunes, 14 de enero de 2013

CHULAS DE CABAZA

O alumnado de 3 e 4 anos aproveitou as cabazas que recollemos do noso horto para facer unhas saborosas
 "CHULAS DE CABAZA".
Para unhas 4 persoas precísase:
-  2 ovos
-  3 ou 4 anacos de cabaza (uns 700 gr.)
-  Zume dunha laranxa
-  Fariña
-  1 sobre de levadura de repostería e
-  Azucre

Cocemos a cabaza con antelación para deixala enfriar.
Primeiro batemos os ovos, logo engadímoslle o zume da laranxa e os anacos de cabaza esmagados e mesturamos todo ben, a continuación engadímoslle a levadura e a fariña pouco a pouco e sen deixar de bater ata facer unha mestura non moi espesa. Por último, fritímolas nunha sartén con aceite ben quente e logo espolvoreámoslle azucre por riba.
Coas chulas feitas só nos quedaba a degustación.

¡¡¡ ESTABAN BOÍSIMAS!!!
Tanto que volvemos a repetilo uns días despois.




domingo, 13 de enero de 2013

OLLOS DE MEDO

No primeiro trimestre o alumnado de infantil de 4 anos estivo traballando sobre a alimentación e con motivo do samaín fixo na aula uns saborosos "OLLOS DE MEDO".  
Para a receita empregamos:
-  Galletas María
-  Nocilla branca
-  Conguitos e
-  Xarope de amorodo.

Primeiro untamos as galletas con nocilla, logo colocámoslle un conguito no medio e por último co xarope de amorodo fixémoslle os capilares do ollo e a   ¡¡SABOREAR!!.