viernes, 22 de marzo de 2013

XOGAMOS AO BINGO

O segundo trimestre rematou e o alumnado de primeiro de primaria xuntouse para celebralo.

Despois do recreo as mestras xa tiñan todo preparado, eliximos os nosos cartóns e fixemos boliñas de plastilina para colocar enriba dos números que saían. 

Agora só había que estar moi atentos para que non se nos escapara ningún número. 

Pasamos un rato moi divertido xuntos. Queredes ve-lo??

jueves, 21 de marzo de 2013

A SEMANA DA PRENSA NO POMBAL

Na Semana da Prensa traballamos na aula tanto a prensa escrita, dixital e titulares do Telexornal.
Tivemos colocados paneis informativos onde puidemos ver carteis sobre a prensa: seccións, cabeceiras, partes dunha noticia, as 5 cuestións (quén, onde, cando, por que, como)...

A continuación mostrámosvos os traballos realizados nas aulas. 


Comezamos cos nenos e nenas de 4 anos:




O alumnado de primeiro realizou un pequeno proxecto:


No segundo ciclo fixeron este impresionante mural:


O CORPO HUMANO

Por fín levamos o noso corpo artellado para casa!!

Con el aprendimos as articulacións, as partes externas (cabeza, tronco e extremidades), as partes da cara, os sentidos, os ósos...

Aquí vos deixamos unhas fotos de recordo. 

miércoles, 20 de marzo de 2013

DOMINÓ MUSICAL

Os alumnos e alumnas de quinto tivemos a sorte de xogar a dúas modalidades de dominó: "O dominó das Notas Musicais" e o "O Dominó das Figuras Musicais" nas clases coa mestra Teresa.

Como no xogo do dominó tradicional, cada neno recibiu 7 fichas ao comezar e as fichas restantes gárdanse no pozo. 

No dominó das notas musicais comeza a ronda o xogador que teña a ficha co dobre que conteña o nome do delegado da clase. (Exemplo: se o encargado da clase é Candela ou Alberto: comezará o LA dobre; se é Roberto comezará o RE dobre...). No caso de non ter dobres ningún dos xogadores, comezará o que teña a ficha que diga a mestra. A partir dese momento, os xogadores deberán colocar as fichas de tal forma que o nome da nota musical dun dos lados da ficha coincida coa nota musical do extremo onde se está colocando.


Por outra banda, no dominó das figuras musicais comeza a ronda o xogador que teña a ficha co dobre que conteña a consigna que dea a mestra, por exemplo a ficha que teña a figura de maior duración...  No seu turno, cada xogador debe colocar unha das súas fichas de tal forma que a figura ou silencio dun dos lados da ficha coincida coa figura ou silencio do extremo onde se está a colocar.

No seguinte vídeo poderedes ver o ben que o pasamos!!

A PATRULLA VERDE DO POMBAL

Comeza un novo trimestre e con el a Patrulla Verde do Pombal volve a vixiar que o noso patio quede limpo e que os nenos e nenas aprendan a separar os residuos.








































































































































martes, 19 de marzo de 2013

AITOR PONCETE: EL MISTERIO DE LA PRENSA

Aitor Poncete volveu requerir dos nosos servizos para resolver outro misterio no cole. Nesta ocasión o problema estaba nas noticias do periodico. Non o ides crer, pero faltábanlle palabras!!! Así non hai quen lea. 

Non vos preocupedes o misterio foi resolto e as palabras voltaron ao seu lugar. Queredes ver o ben que o fixemos???? Dádelle ao play.

 

EXPOSICIÓN DA E.D.A.R. NO EDIFICIO DA XUNTA

A clase de 4º A e 4º B fomos a excursión andando. O tempo era soleado pero facía moito frío. Baixamos pola rúa Urzáiz e vimos as obras do ferrocarril AVE, seguimos por Alfonso XIII e Rosalía de Castro onde vimos unha escultura dela. Na praza da Estrela  fixemos unha foto no monumentos do nadador .

Cando chegamos ó edificio da Xunta tivemos que separarnos e primeiro entraron os de 4º A e mentre os de 4º B  xogamos e dimos un paseo polo Náutico e vimos peixes, barcos e unha estatua de Julio Verne sentado enriba dun polbo. Era moi bonita. Tamén fixemos alí unha foto.


Despois tocounos o turno a nos e explicáronnos como é o funcionamento  do E.D.A.R., (a nova depuradora), que se vai facer na desembocadura do río Lagares e os beneficios que aporta tela. Puxeron un vídeo en 3 D, cando rematou a visita déronnos un libro de xogos, unha libreta e un lápis.


Logo todos xuntos  fixemos un descanso,e aproveitamos para merendar no Náutico e xogar un poquiño. Tamén había outra estatua dun nadador.


Que gañas tiña de merendar!


A volta viñemos en Vitrasa e aproveitamos o tempo porque paseamos pola Alameda e vimos os buzóns de correos con cabeza de león.


Gustoume moito a excursión porque vimos moitas cousas interesantes e o pasei moi ben con meus amigos e profes. Cando chegamos ó cole estabamos todos moi contentos e felices.


(Enzo, Adriana,Jessica e Lucas)



martes, 5 de marzo de 2013

FIGURIÑAS DE MAZAPÁN



Os nenos e nenas de 5 anos A e B fixemos figuriñas de Mazapán para o Nadal. 

Fixemos a masa con fariña de améndoa, azúcre moído e auga e metímola na neveira ata o día seguinte.


Logo estiramos a masa cun rodelo e cos dedos e démoslles forma aos mazapáns cos moldes: cogomelos, corazóns, estrelas, medias lúas. 

Por último batemos clara de ovo e bañamos con un pincel as nosas figuras e metímolas de 5 a 10 minutos no forno.


Estaban exquisitas!!! 



lunes, 4 de marzo de 2013

UNHA ENSALADA MOI SAUDABLE

O labregos de 4 anos A recolleron a colleita dos seus traballos na horta. As fermosas cabazas e leitugas que colleitamos na nosa horta permitíronos facer na aula, xa fai un tempo, a degustación de chulas de cabaza e agora dunha ensalada moi saudable. Aprendemos a lavala, escorrela, picala e adobala con sal, vinagre e aceite, e mesturar tódolos ingredientes  para proceder logo a súa degustación.
¡¡¡ QUE BOA ESTABA!!!

Xa plantamos outras dúas ducias para unha nova degustación en vindeiras semanas.




viernes, 1 de marzo de 2013

AITOR PONCETE: EDUCACIÓN VIAL

Hoxe Aitor Poncete volveu necesitar da nosa axuda, pois o caos chegou a circulación, os sinais están do revés, non se pode cruzar polo paso de peóns.... Un desorde!!!!

Axudamos a Aitor a por outra vez orde na calzada: completamos as palabras, resolvimos adiviñas e ordeamos as normas de Educación Vial.

Queredes ver como o fixemos???, non tendes máis que darlle ao play.