miércoles, 27 de febrero de 2019

Semana de Entroido

Xá chegou o Entroido e con el a trouleada , vaia semana levamos... 

Neste Entroido carnavaleiro 
                                     imos gozar 
                                                       coidando
                                                                      o medio natural



Que si poñemos adornos reciclados, lentes , cubrimos  a cabeza, vestimos  de azul.....  é unha tolería;  máis  o mellor está por chegar o venres día 1 de marzo co tradicional desfile polo paseo do Calvario.

Como cada ano, disfrazámonos tendo en conta a PDI da biblioteca, nesta ocasión o lema é:
                            
 "Lemos en Verde"


viernes, 22 de febrero de 2019

DISCAMINO

Esta semana recibimos a visita de Javier Pitillas e un grupo de personas moi especiais e interesantes  que forman parte de DISCAMINO.

DisCamino é un proxecto que naceu para unir Discapacidade e Camiño de Santiago, axudando a persoas con problemas a cumprir o seu soño de chegar a Santiago.

Foi unha charla e unha experiencia moi satisfactoria. Todos e todas quedamos abraidos pola súa capacidade de esforzo e superación.

Grazas por compartir connosco as vosas experiencias e un forte aplauso para todos este valientes.
para máis información podedes premer enriba do enlace








jueves, 14 de febrero de 2019

Visita ao Centro de Interpretación das Illas Atlánticas

O alumnado de 2º de primaria, onte 14 de febreiro, realizou unha saída ao  Centro de Interpretación das Ilhas Atlánticas e participou dunhas actividades relacionadas co proxecto  " O MAR TAMÉN É VERDE". 


Pasámolo xenial!!

Preme na imaxe para ver horarios de visita. É gratuita e podedes ir en familia.


martes, 12 de febrero de 2019

Entroido 2019

O alumnado de 1º e 2º de Primaria presenta estas actividades para a celebración da
 Tradicional Festa Galega.

domingo, 10 de febrero de 2019

Cross en Chenlo - Porriño

O sábado 9 de febreiro o alumnado clasificado na primeira fase do cross, participou en Chenlo no programa Xogade - Campo a través - Campeonato Provincial Pontevedra 2018/19.


O representantes do noso centro fixéronno francamente ben.

Parabéns Iris e Pedro polo voso esforzo!!


jueves, 7 de febrero de 2019

VISITA Á BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS


Hoxe,a rapazada de 4º B visitou a biblioteca Xosé Neira Vilas.

Realizaron unha visita por diferentes países a través de contos e libros de aventuras e despois, en grupos xogaron ao xogo das viaxes .
Coma sempre,resultou unha experiencia moi interesante e divertida.
Tamén aproveitamos a saída para deixar voar as pombas decoradas por eles e elas na bibliotexa e tamén na súa contorna.

Podemos dicir que foi un día moi proveitoso e divertido
Moi atentos a explicación da bibliotecaria.





AQUÍ QUEDARON AS NOSAS POMBAS. A VER ATA ONDE CHEGAN!!!