lunes, 28 de enero de 2019

CROSS - 4º de Primaria



O xoves 17 de xaneiro,todo o alumnado de 4º de primaria, participou nunha carreira de Cross Escolar  organizada polo Servio Provincial de Deportes da Xunta de Galicia na categoría de Alevin masculino e feminino.

O circuito estába localizado no campo de fútbol de Zamáns ( alto de San Cosme).


Aínda que o día amaneceu frío, todos e todas tiñan espíritu de atleta, e así enfundados nos seus chándales e zapatillas deportivas, iniciaron a súa andaina no mundo do deporte.


 Aquí podedes ver un video que grabaron as familias de Rodrigo e Irene. Grazas por compartir connosco estes momentos. 

Mirade que ben o fixeron!!






Toda a rapazada conseguiu chegar a meta, e ademáis algúns dos rapaces quedaron entre os primeiros e tivemos unha gañadora!!!.


sábado, 26 de enero de 2019

Obradoiro de Banda deseñada

O alumnado de infantil e 1º, 2º e 3º de primaria esta semana participamos dun obradoiro de banda deseñada impartida por Jorge Campos. Foi unha actividade moi lúdica e creativa na que participamos con entusiasmo desenvolvendo o noso potencial creativo.



Para o alumnado de 4º, 5º e 6º o encargado do obradoiro de manga foi Daniel Docampo.

Visitade o blogue da Biblioteca para poder ver todos os obradoiros de banda deseñada.


Fantástica actividade da que gozamos moito!!  Grazas equipo de Biblioteca!!

jueves, 10 de enero de 2019

O Monte vivo, 6º


As nenas e nenos de 6º participaron nun programa de divulgación educativa para a valorización do monte e a prevención e defensa dos incendios forestais. A charla a deron profesionais do Distrito Forestal XVIII (Vigo-Baixo Miño) co fin de impulsar unha participación activa e responsable das nenas e nenos na protección do medio ambiente natural frente aos incendios forestais e fomentar o respeto pola natureza.




Magosto 18. 6º B




 
As nenas e nenos de 6ªB disfrutaron moitísima do magosto.