Ultimamente,
nas clases de primeiro están o ocorrer cousas extrañas, pero a máis inquetante de
todas foi a aparición dun cartel na porta da aula:
Quen
será este Aitor Poncete? Porque puxo este letreiro na nosa porta?
Tiñamos un montón de dúbidas que non foron resoltas ata que un día
apareceu unha mensaxe.
Así que é un detective de letras en busca de colaboradores!!!
Hoxe fomos convocados polo DETECTIVE AITOR PONCETE para axudarlle nos seus casos e demostrarlle que somos uns grandes detectives. Despois da hora de ler deixounos unha carta na que
nos dicía que para ser un bo detective debemos ter: un bo oído, unha
boa vista e unha memoria de elefante!!!! Polo que hoxe debemos
demostrarlle que temos un oido moi agudo, que non se nos escapa nin un
son.
Dentro do maletín tiñamos
todo o material necesario para pasar tres probas. Aínda que ao principio
costounos un pouco, ao final soubemos resolver o caso sen
problemas!!!!!!
Queredes ver como o fixemos? Dádelle ao play.
No hay comentarios:
Publicar un comentario