O alumnado do O Pombal o 12 do 12 ás 12 sumouse a iniciativa convocada pola coordinadora Galega ENDL recitando un poema do escritor Celso Emilio Ferreiro da súa obra "Longa noite de pedra".
Na entrada do colexio colocamos dous cabaletes con poemas del.
Estivemos traballando varios días a figura e obra deste gran escritor, limos, analizamos, comentamos e seleccionamos o poema.
Ides ver a nosa interpretación do POEMA DEITADO FRENTE AO MAR.
Deste xeito desexamos manifestar, dun modo lúdico, o noso compromiso cívico cara á lingua galega como dí o poema...
Porque si, porque nos peta...
Falar a fala nai.
No hay comentarios:
Publicar un comentario