"CHULAS DE CABAZA".
Para unhas 4 persoas precísase:
- 2 ovos
- 3 ou 4 anacos de cabaza (uns 700 gr.)
- Zume dunha laranxa
- Fariña
- 1 sobre de levadura de repostería e
- Azucre
Cocemos a cabaza con antelación para deixala enfriar.
Primeiro batemos os ovos, logo engadímoslle o zume da laranxa e os anacos de cabaza esmagados e mesturamos todo ben, a continuación engadímoslle a levadura e a fariña pouco a pouco e sen deixar de bater ata facer unha mestura non moi espesa. Por último, fritímolas nunha sartén con aceite ben quente e logo espolvoreámoslle azucre por riba.
Coas chulas feitas só nos quedaba a degustación.
¡¡¡ ESTABAN BOÍSIMAS!!!
Tanto que volvemos a repetilo uns días despois.
No hay comentarios:
Publicar un comentario