O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria asistimos a actividade didáctico-musical: "Na percura do tesouro"interpretada pola Asociación Folclórica Gaiteiros da Xistra.no teatro García Barbón
Xurxo non cría nas lendas dos mouros. ¡Son cousas de vellas!- pensaba. Pero estaba moi convencido de que aqueles debuxos nas pedras do monte eran as marcas do mapa dun tesouro. Moura, a gardiá da cova, axudáralle a liberarse da gran e malvada Serpe dándolle as claves e as pistas das probas que Xurxo debería superar NA PERCURA DO TESOURO.
Lendas, romances, zanfonas, alalás, cantigas, refráns, seres mitolóxicos,... conforman as sendas que levan a descubrir o auténtico tesouro colectivo; un tesouro que só ten valía se é compartido e respectado: a lingua.
A obra musical estivo moi divertida e amena,foi un musical coma os de Broadway !!!!
aqui tedes unha pequena mostra.
Teatro: "Na percura do tesouro". from Ceip o Pombal on Vimeo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario